O director da Policía, Ignacio Cosidó, afirma nunha entrevista que Podemos representa "un perigo para a democracia" e que defende "o proxecto que representou ETA". Cosidó é o responsable político do peculiar informe sobre o financiamento da formación morada, do que se burlou a Xustiza.
Fálase
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Dépor B e Choco lideran a táboa
As Pontes 0-3 Racing Vilalbés
Silva 0-3 Ribadumia
Galicia Mugardos 0-1 Bergantiños
Choco 0-2 Barbadás
Ordes 1-0 Deportivo B
Ribadeo 1-4 Rápido de Bouzas
Negreira 2-0 Barco
Verín 0-1 Cerceda
Boiro 4-1 Noia
Arousa 2-1 AlondrasXosé Manuel Beiras afirma que é un "mal síntoma" que o PSdeG se preocupe de que o adianten as mareas en lugar de "tenderlles a man" para derrotar o PP. Beiras fai referencia ás palabras de Abel Caballero na entrevista que este domingo publica La Voz de Galicia centra as súas críticas nos alcaldes das candidaturas de confluencia e afirma "temer" o sorpasso nas eleccións autonómicas
Comezan neste momento a maior parte das marchas convocadas este 1º de maio en Galicia polas distintas centrais sindicais. CC.OO e UGT manifestaranse en nove cidades e vilas, celebrando o seu acto central en Vigo, o mesmo que a CIG, que se mobiliza en doce localidades. CNT, CUT, CGT e outras organizacións tamén saen á rúa este domingo.
A enquisa de Metroscopia publicada por El País sinala que unha candidatura conxunta de Podemos, confluencias e IU superaría en dous puntos o PSOE. A sondaxe de Invymark para La Sexta prevé o sorpasso de Podemos aos socialistas mesmo sen sumar os votos de IU. O estudo de GAD3 para ABC, pola contra, mantén o PSOE en segunda posición, tanto con confluencia coma sen ela. Nos tres traballos o PP sería claramente o partido máis votado (28-29%), mentres que o resultado de Ciudadanos se movería entre o 14 e o 16%
O prazo para a presentación de candidaturas para as primarias do PSdeG-PSOE, que nun comezo estaba previsto que rematara o martes 3 de maio, vén de ser ampliado notablemente, ata o día 13. O Comité Federal do PSOE corrixiu así o proceso exprés deseñado pola xestora do PSdeG, que xerara certo malestar en parte da formación. Polo de agora, o único aspirante que fixo oficial a súa candidatura foi Xoaquín Fernández Leiceaga
El Diario presenta neste 1º de maio un xogo de preguntas para ver canto sabes sobre os teus dereitos laborais e sobre a propia celebración do Día internacional do movemento obreiro. Por exemplo "Canto pode durar como máximo o período de proba nun contrato indefinido?"
Vén de comezar na Coruña o acto de presentación dos Principios Básicos das Mareas en Común
Nun acto político en Ourense Núñez Feijoo afirma que "a política non é un tuit" e pídelles aos integrantes do PPdeG que non intenten "ser máis guais" que outras forzas políticas. "Eu non nacín nas redes sociais" pois "nos Peares non había cobertura", dixo.
Xaquín Fernández Leiceaga presentou este sábado a súa candidatura ás primarias que o PSdeG celebrará o vindeiro 28 de maio para escoller o seu aspirante á Presidencia da Xunta. Leiceaga busca ser "o candidato de todos" e co obxectivo de "unir o partido"