Antonio Diéter Moure, candidato á presidencia da CEG, denuncia un intento de agresión por parte de afíns ao seu rival, José Manuel Pérez Canal, segundo informa Economía Digital
Fálase
El Diario recolle as reaccións de grupos políticos e entidades sociais á decisión de Carolina Bescansa de levar o seu fillo ao Congreso, este mércores.
A Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, entregou este mércores os Premios á Transferencia de Tecnoloxía
Artur Mas renuncia á súa acta de deputado no Parlament. Anunciouno a Generalitat na súa conta oficial en Twitter.
O BNG reclama "medidas urxentes" contra a violencia machista. Ante os "múltiples feminicidios" acontecidos nos últimos días a responsable de Acción Feminista da Executiva do Bloque, Noa Presas, reclama que "os poderes públicos radicalicen a toma de medidas urxentes para avanzar na prevención" con "orzamento e persoal". "O asasinato de mulleres non é unha anécdota", subliña, ao tempo que insta á "participación masiva en todas as convocatorias e actos públicos que o feminismo convoque" para rexeitar o asasinato machista que se vén de confirmar en Narón.
Os deputados de En Marea prometen os seus cargos en galego e "por imperativo legal". Os parlamentarios din estar "ao servizo da cidadanía, do pobo galego" e rematan advertindo que "o pobo é quen máis ordena".
O marido da muller de 79 anos asasinada o pasado 30 de decembro en Narón foi enviado a prisión, acusado do crime. As investigacións policiais confirman que se tratou dun asasinato machista, que eleva a 8 o número de mulleres mortas en Galicia por violencia de xénero en 2015, a cifra máis alta dende que hai rexistros.
Os votos de PSOE e Ciudadanos dan a Patxi López a presidencia do Congreso. Podemos propuxo na votación a Carolina Bescansa como candidata alternativa e o PP abstívose.
AO VIVO Está en marcha a sesión constitutiva das Cortes, na que se elixirá a nova Mesa do Congreso. Pódese seguir en directo nesta ligazón
Por primeira vez o Congreso terá unha Mesa de Idade formada só por mulleres. É unha das curiosidades da sesión parlamentaria, coma as dúbidas sobre a ubicación dos grupos no hemiciclo, a presenza de Carolina Bescansa acompañada do seu bebé, a chegada dos tres deputados de Equo en bicicleta ou a banda de música que acompañou os e as representantes de Compromís.