60.000 euros de multa e cinco anos sen entrar nun estadio, a sanción para os ultras que participaron na pelexa do pasado domingo que rematou co asasinato do afeccionado deportivista.
Fálase
A CIG elabora un vídeo para animar a cidadanía a participar na cadea humana que o día 13 atravesará a Ponte das Pías para denunciar "o grave risco de desertización, non só industrial senón tamén humana" que padece a comarca de Ferrolterra.
O alumnado do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) participará na iniciativa de Code.org, que promove a semana do 8 ao 12 de decembro como a semana das ciencias da computación. Esta organización intenta que a informática, e máis concretamente a programación, quede incorporada dentro do currículo ordinario da escola como unha forma de potenciar o pensamento computacional.
A Iniciativa Cidadá Europea contra o Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP) chegou ao millón de sinaturas en toda a UE "nun tempo récord", segundo os seus impulsores. STOP TTIP continuará recollendo apoios e intensificará as súas accións, comezando por unha protesta o 9 de decembro en Bruxelas para "felicitar" a Jean-Claude Juncker polo seu cumpreanos.
Círculo de Lectores deixará de vender libros en galego e éuscaro a partir de xaneiro, segundo lles comunicou ás editoriais e publica Manuel Bragado no seu blog.
Lanzan un boicot contra Amazon coincidindo coas compras de Nadal para demandar que a empresa lles pague aos seus traballadores un soldo xusto. Os seus promotores, que denuncian tamén que a compañía "evade impostos", calculan que a campaña xa detraeu 3 millóns de euros das súas contas
A relatora do informe sobre as redes de deriva, Renata Briano, optimista ao prever que a Eurocámara vetará a prohibición do xeito
A carga de traballo dos estaleiros galegos está en mínimos históricos. Os centros vascos e asturianos suman 43 pedidos no que vai de ano, por 7 os galegos, que nunca tiveran menos de dez encargos nun ano.
Milleiros de persoas protestan nas rúas de Nova York despois de que un xurado eximise un policía que matou o pasado verán un cidadán de raza negra no momento da súa detención. Esta absolución incrementa a tensión xerada hai semanas pola exoneración doutro policía en Ferguson.
A Liga de Fútbol Profesional destitúe a Augusto César Lendoiro do cargo que mantiña na LFP por asistir, onte, ao enterro de Francisco Javier Romero Jimmy