O festival Portamérica trasládase a Caldas e anuncia os primeiros nomes do cartel da súa edición 2017, que se celebrará do 13 ao 15 de xullo
Fálase
ADEGA outorga os premios Osíxeno á avogada do Comité Cidadán de Emerxencia de Ferrol e a unha cooperativa de Negueira de Muñiz. Os premios Dioxina para a "actuación máis nefasta contra o medio ambiente" foron para o alcalde de Aranga e a Consellería do Medio Rural.
O Supremo condena o cantante de Def con Dos, César Strawberry, a un ano de cárcere por mensaxes en Twitter con referencias a ETA e os GRAPO.
A Axencia Ferroviaria Europea comparecerá xunto ás vítimas de Angrois cando estas formulen o próximo martes a súa denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A Eurocámara vén de facer pública a axenda da sesión.
A neta de Carrero Blanco ve "un disparate" pedir cárcere por chíos sobre o seu avó. "Asústame unha sociedade na que a liberdade de expresión, por lamenable que sexa, poida supoñer penas de prisión", di.
Concellos de Ourense acadan os 13 graos baixo cero noutra xornada fría e con xeadas en Galicia. Calvos de Randín, Baltar ou Xinzo alcanzan as temperaturas máis baixas. A provincia ourensá e a parte oriental de Lugo manteñen a alerta amarela para hoxe.
O Celta acada un triunfo histórico no Bernabéu (1-2) na ida dos cuartos de final de Copa. Os galegos Iago Aspas e Jonny anotaron os goles do conxunto vigués.
Fegamp e enerxéticas evitarán cortes de luz e gas a fogares vulnerables. Veñen de asinar un convenio para garantir a subministración no caso de impagos en familias con problemas.
A Fundación Francisco Franco contesta a En Marea: "Franco foi a antítese de Hitler", di nun comunicado tras a iniciativa do grupo parlamentario para que se lle retiren subvencións públicas. Para o organismo, o ditador foi "un católico exemplar".
ÚLTIMA HORA | PP, En Marea, PSdeG e BNG pactan unha nova proposición de lei de traspaso da AP-9 para tentar salvar o veto de Fomento. Toda a información, este serán en Praza.