Moncloa convoca unha "declaración institucional" de Rajoy para as 10:30 desta mañá. Descoñécese, polo momento, o anuncio que realizará o xefe do Goberno de España, se ben fontes gobernamentais negan que se trate dun cambio da composición do Executivo.
