O paro rexistrado sobe en Galicia en máis de 7.000 persoas en xaneiro e o número de desempregados queda en 259.002. O incremento relativo (2,8%) volve ser maior que no conxunto do Estado (1,75%), onde se incrementa en case 78.000. Toda a información, esta mañá en Praza.
Fálase
Facenda ve delito fiscal na reforma da sede do PP. Os arquitectos cometeron tres delitos ao non declarar os cartos en negro dos populares.
A UdC denuncia a Xunta por negarlle outros 2,8 millóns do plan de financiamento. O Executivo autonómico alega que se trata dunha "mala interpretación".
Un perito conclúe que en Angrois rebaixouse a seguridade ao cambiar o proxecto e atribúe o accidente ao exceso de velocidade provocada pola chamada do interventor ao maquinista.
O ex xerente do PP achega facturas de pagos en B a dirixentes de Ourense. As revelacións afectan agora a medio cento de cargos populares.
O acordo antiterrorista PP-PSOE contempla a "máxima pena privativa de liberdade recollida no Código Penal" para os "delitos de terrorismo con resultado de morte". Esa pena máxima será, tras a reforma do PP, a cadea perpetua revisable, que o PSOE sinala que recorrerá ante o TC que derrogará se goberna. Descarga o acordo íntegro
Pedro Sánchez asegura, tras a sinatura do pacto antiterrorista con Rajoy, que o PSOE "nin avala, nin apoia nin asume" a cadea perpetua revisable
Asinado o acordo antiterrorista entre PP e PSOE que avala a cadea perpetua impulsada polo Goberno de España. Na comparecencia nin Rajoy nin Sánchez admitiron preguntas. Cóntao El Diario
O BNG publica en Storify os materiais da súa xornada a prol da tarifa eléctrica galega
Juncker tamén valora abolir a troika para facilitar o acordo con Grecia, segundo recolle Europa Press do xornal alemán Handelsblatt