O ex xerente do PP achega facturas de pagos en B a dirixentes de Ourense. As revelacións afectan agora a medio cento de cargos populares.
Fálase
O acordo antiterrorista PP-PSOE contempla a "máxima pena privativa de liberdade recollida no Código Penal" para os "delitos de terrorismo con resultado de morte". Esa pena máxima será, tras a reforma do PP, a cadea perpetua revisable, que o PSOE sinala que recorrerá ante o TC que derrogará se goberna. Descarga o acordo íntegro
Pedro Sánchez asegura, tras a sinatura do pacto antiterrorista con Rajoy, que o PSOE "nin avala, nin apoia nin asume" a cadea perpetua revisable
Asinado o acordo antiterrorista entre PP e PSOE que avala a cadea perpetua impulsada polo Goberno de España. Na comparecencia nin Rajoy nin Sánchez admitiron preguntas. Cóntao El Diario
O BNG publica en Storify os materiais da súa xornada a prol da tarifa eléctrica galega
Juncker tamén valora abolir a troika para facilitar o acordo con Grecia, segundo recolle Europa Press do xornal alemán Handelsblatt
Rajoy e Sánchez asinan esta tarde o pacto entre PP e PSOE contra o terrorismo xihadista nun acto sen preguntas. O acordo, segundo adianta El País, inclúe a posibilidade de cadea perpetua para quen cause a "morte dunha persoa".
Fervenzas Literarias faise eco da republicación de Tertúlia, de Xavier Alcalá, que comeza este mércores en Praza Pública e Palavra comum
Feijóo asegura en Bruxelas que "os informes da Xunta" foron "clave" para que a Comisión Europea "estea a favor" de a pesca do xeito "siga sendo legal". O pasado xaneiro a propia Comisión sinalou que a súa postura mudou tras a visita do sector á Eurocámara e en decembro xa advertira de que a información dos gobernos galego e central chegara tarde.
As Novas Xeracións do PP lanzan unha campaña contra Podemos na que acusan o partido de Pablo Iglesias, de "quitar a liberdade dos medios de comunicación", poñerse "do lado dos terroristas", "roubar a liberdade" ou querer "instaurar un réxime totalitario". Para difundila utilizan o lema #NoPodéis