O Goberno central mantén a exclusión das mulleres sen parella masculina da reproducción asistida, en contra da sentenza que este luns ditaminou en Madrid que se trata dunha orden discriminatoria que vulnera o principio de xerarquía normativa
Fálase
Podemos dá por rotas as negociacións con IU a nivel estatal para as xerais. Cóntao eldiario.es
Feijóo apela á unidade de España ante o rei. "El español que viene al mundo (...) será libre, en una nación libre y unida", proclamou, antes de cargar contra "privilegios egoístas" e afirmar que "bajo discrepancias que en ocasiones se antojan profundas, late la unidad más profunda aún del pueblo español". Fíxoo no seu discurso no acto en que Filipe VI foi nomeado "embaixador" do Camiño de Santiago.
Rajoy non desbota a Feijóo para as listas do PP nas xerais: "Todo o mundo quere que sexa candidato á Presidencia da Xunta, pero o máis importante é escoitalo a el", afirmou durante unha intervención nun foro do diario ABC.
O TSXG desestima o recurso contra a decisión do Consello da Xunta de abrir o servizo de atención especializada no novo hospital de Vigo sen Unidade de Laboratorio Central.
Novo premio ao modelo urbano de Pontevedra. Desta volta é o Euro China Smart Mobility City Award, na categoría de deseño e planificación urbana. O galardón está organizado pola fundación francesa Prospective et Innovation e será entregado o vindeiro 24 de novembro nunha cerimonia en Hong Kong.
La 2 de TVE emite este xoves o documental Las listas de Feijóo: Gallegos por esclavos, que relata como a Compañía Patriótico Mercantil tentou enviar man de obra galega a Cuba, onde aínda existía traballo escravo.
O Parlamento convoca formalmente o derradeiro debate de política xeral da lexislatura. Comeza o vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 10 da mañá.
Lidia Senra denuncia ante a Comisión Europea o "caos" do Hospital Álvaro Cunqueiro e preséntao como "un claro exemplo da precarización que conleva a privatización da sanidade na Galiza".
O Frente Atlético financia a defensa dos presuntos asasinos de Jimmy. O grupo ultra de extrema dereita pagou 24.000 euros a dous dos acusados para afrontar os custos do proceso xudicial.