O Celta fai historia e xogará os cuartos de final da Europa League tras impoñerse ao Krasnodar ruso por 0-2 con goles dos galegos Hugo Mallo e Iago Aspas (Imaxe: RC Celta)
Fálase
Beiras dá apoio á lista encabezada por Antón Sánchez na asemblea nacional de Anova, que se celebra esta fin de semana. "Espero que todas as persoas de múltiples sensibilidades cheguen a un acordo" para que "ninguén fique fóra", sinalou a través da súa conta en Facebook.
Feijóo rexeita aclarar canto tempo compatibilizará Beatriz Mato a consellería co liderado do PP da Coruña se é elixida para o posto e para a candidatura á alcaldía da cidade. "O futuro do PP da Coruña vano decidir os militantes", resolveu o presidente da Xunta preguntado ao respecto tras o Consello.
Aslı Erdoğan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, 'Peridis' e Jorge Ramos, candidatos ao XIII Premio Couso de liberdade de prensa que concede o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Denuncian que a gala contra o cancro da Orquestra Panorama en León recadou "cero euros" para esta causa. A Asociación contra o Cancro asegura sentirse "utilizada", segundo recolle o xornal León Noticias. Esta gala celebrárase anteriormente en varias localidades galegas.
O Celta xoga ás 19 horas ante o Krasnodar buscando o pase a cuartos de final da Europa League. Na ida os celestes gañaron 2-1.
Alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática concentráronse para reclamar, unha vez máis, a adscripción das ensinanzas artísticas ao sistema universitario, unha reivindicación que manteñen dende hai 5 anos.
O Congreso debate esta mañá o decreto de liberalización da estiba. A posición de PSOE, PNV ou Ciudadanos será clave para a aprobación ou non da reforma. Ante o axustado do resultado, deputadas de En Marea (Ángela Rodríguez), ERC e Compromís regresaron apresuradamente dunha viaxe de traballo na ONU para votar en contra da proposta.
Podemos propón unha pregunta xenérica ás súas persoas inscritas en Cataluña sobre a súa integración en En Comú: "Cres que estas condicións son imprescindibles para a participación de Podem?". As condicións sobre as que se pregunta son: primarias abiertas, un sistema proporcional na elección da dirección do partido, e que os inscritos en Podem poidan participar directamente sen ter que apuntarse de novo. O resultado coñecerase o 20 de marzo.
O liberal VVD do primeiro ministro Mark Rutte foi o partido máis votado nas eleccións holandesas, acadando 33 escanos (moi por riba das previsións, pero perdendo 8 con respecto a 2012. O ultradereitista PVV foi a segunda formación, con 20 escanos, superando os democristiáns CDA e o centrista D66, ambos con 19. Os verdes ficaron en 14. O socialdemócrata PvdA perdeu 29 dos deus 38 representantes