Alumnado e profesorado da Escola Superior de Arte Dramática concentráronse para reclamar, unha vez máis, a adscripción das ensinanzas artísticas ao sistema universitario, unha reivindicación que manteñen dende hai 5 anos.
Fálase
O Congreso debate esta mañá o decreto de liberalización da estiba. A posición de PSOE, PNV ou Ciudadanos será clave para a aprobación ou non da reforma. Ante o axustado do resultado, deputadas de En Marea (Ángela Rodríguez), ERC e Compromís regresaron apresuradamente dunha viaxe de traballo na ONU para votar en contra da proposta.
Podemos propón unha pregunta xenérica ás súas persoas inscritas en Cataluña sobre a súa integración en En Comú: "Cres que estas condicións son imprescindibles para a participación de Podem?". As condicións sobre as que se pregunta son: primarias abiertas, un sistema proporcional na elección da dirección do partido, e que os inscritos en Podem poidan participar directamente sen ter que apuntarse de novo. O resultado coñecerase o 20 de marzo.
O liberal VVD do primeiro ministro Mark Rutte foi o partido máis votado nas eleccións holandesas, acadando 33 escanos (moi por riba das previsións, pero perdendo 8 con respecto a 2012. O ultradereitista PVV foi a segunda formación, con 20 escanos, superando os democristiáns CDA e o centrista D66, ambos con 19. Os verdes ficaron en 14. O socialdemócrata PvdA perdeu 29 dos deus 38 representantes
Renuncia o novo párroco de Friol e Guitiriz cuxos fregueses se manifestan contra o bispado de Lugo para esixir o retorno do anterior crego. Cóntao El Progreso
Os galegos Triángulo de Amor Bizarro encabezan as candidaturas aos Premios da Música Independente 2017, con 7 nominacións. Os artistas e grupos que optan ao premio polo mellor álbum en galego son Caxade, Eladio y los seres queridos, Guadi Galego, Malandrómeda e Os amigos dos músicos.
VÍDEO | Así foi o rescate dos oito tripulantes do pesqueiro O Busi, incendiado onte a 12 millas ao noroeste de Cedeira. Salvamento Marítimo difunde o vídeo das operacións.
Paralizado en Ferrol o desafiuzamento dunha moza e os seus dous nenos. Cóntao Ferrol360.
VÍDEO | En marcha os primeiros premios Begoña Caamaño e Narf, organizados pola Deputación da Coruña. Os galardóns, presentados este mércores, distinguirán iniciativas culturais ligadas a igualdade e mais obras musicais, respectivamente. Cóntao Nós TV.
GALERÍA DE IMAXES | Así será a Panificadora de Vigo tras a súa rehabilitación. O Concello vigués presentou este mércores o proxecto gañador do concurso arquitectónico, obra de Jorge Salgado Cortizas e Celso López Martín e elixido de entre 33 propostas. O antigo espazo industrial tornará nun "espazo de público con usos colectivos", indica o goberno local. Consulta aquí a galería de imaxes completa.