VÍDEO | Así foi o rescate dos oito tripulantes do pesqueiro O Busi, incendiado onte a 12 millas ao noroeste de Cedeira. Salvamento Marítimo difunde o vídeo das operacións.
Fálase
Paralizado en Ferrol o desafiuzamento dunha moza e os seus dous nenos. Cóntao Ferrol360.
VÍDEO | En marcha os primeiros premios Begoña Caamaño e Narf, organizados pola Deputación da Coruña. Os galardóns, presentados este mércores, distinguirán iniciativas culturais ligadas a igualdade e mais obras musicais, respectivamente. Cóntao Nós TV.
GALERÍA DE IMAXES | Así será a Panificadora de Vigo tras a súa rehabilitación. O Concello vigués presentou este mércores o proxecto gañador do concurso arquitectónico, obra de Jorge Salgado Cortizas e Celso López Martín e elixido de entre 33 propostas. O antigo espazo industrial tornará nun "espazo de público con usos colectivos", indica o goberno local. Consulta aquí a galería de imaxes completa.
Falece a muller enferma de cancro á que a Seguridade Social denegara a incapacidade permanente. O caso de Isabel Carragal vén sendo denunciado nos últimos anos por doentes tanto de xeito individual como colectivamente a través de iniciativas como as impulsadas pola viguesa Beatriz Figueroa. Ela mesma relatou o seu duro percorrido legal nesta entrevista co Diario de Pontevedra.
Xavier Vence anuncia a súa baixa no BNG. O economista e profesor foi portavoz nacional da formación dende marzo de 2013 ata febreiro de 2016.
VÍDEO | Semente Trasancos reivindica a súa escola infantil en galego nunha curtametraxe presentada a pasada fin de semana no festival celebrado en Narón. "É unha homenaxe ao país, á nosa comarca e ao futuro da lingua", di.
Inditex gaña un 10% máis e supera por primeira vez os 3.000 millóns de beneficio. A multinacional rexistrou vendas por valor de de máisd e 23.000 millóns, un 12% máis.
Dende o pasado xoves, a maior parte dos traxectos ferroviarios entre Ferrol e Ribadeo realizáronse en autobús ou taxi, xa que das nove máquinas dispoñibles, só unha está operativa, denuncia a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril
A Deputación da Coruña presenta este mércores o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade de Xénero e o Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.