Xavier Vence anuncia a súa baixa no BNG. O economista e profesor foi portavoz nacional da formación dende marzo de 2013 ata febreiro de 2016.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/58c9328a2d9e4-51910e988ca06-vence1.jpg)
Xavier Vence anuncia a súa baixa no BNG. O economista e profesor foi portavoz nacional da formación dende marzo de 2013 ata febreiro de 2016.
VÍDEO | Semente Trasancos reivindica a súa escola infantil en galego nunha curtametraxe presentada a pasada fin de semana no festival celebrado en Narón. "É unha homenaxe ao país, á nosa comarca e ao futuro da lingua", di.
Inditex gaña un 10% máis e supera por primeira vez os 3.000 millóns de beneficio. A multinacional rexistrou vendas por valor de de máisd e 23.000 millóns, un 12% máis.
Dende o pasado xoves, a maior parte dos traxectos ferroviarios entre Ferrol e Ribadeo realizáronse en autobús ou taxi, xa que das nove máquinas dispoñibles, só unha está operativa, denuncia a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril
A Deputación da Coruña presenta este mércores o Premio Begoña Caamaño á Mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade de Xénero e o Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Holanda celebra eleccións lexislativas este mércores. As enquisas prevén un descenso dos grandes partidos tradicionais (VVD e PvdA), actualmente no goberno, e un ascenso da ultradereita de Geert Wilders, pero tamén dos verdes e de formacións centristas como D66 e CDA. Ata 13 partidos poderían obter representación no Parlamento.
Este mércores dá comezo en Compostela o Festival Atlántica de narración oral cunha gala no Auditorio de Galicia a partir das 21 horas. Ata o domingo 19 haberá actuacións en Santiago, Lalín, A Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol e Teo.
O Congreso inicia o trámite para acelerar os desaloxos nas casas ocupadas a particulares ou administracións, eliminando ademais as medidas cautelares para casos de vulnerabilidade
Case un terzo das compañías do Ibex 35 elude o “código de boas prácticas” impulsado en 2010 pola Axencia Tributaria para combater a fraude fiscal
Salvamento Marítimo rescata os 8 tripulantes dun pesqueiro incendiado a 12 millas de Cedeira. A tripulación d'O Busi está en "aparente bo estado de saúde" tras o rescate, indica Salvamento (Imaxe: Vesselfinder)