Salvamento Marítimo rescata os 8 tripulantes dun pesqueiro incendiado a 12 millas de Cedeira. A tripulación d'O Busi está en "aparente bo estado de saúde" tras o rescate, indica Salvamento (Imaxe: Vesselfinder)

Salvamento Marítimo rescata os 8 tripulantes dun pesqueiro incendiado a 12 millas de Cedeira. A tripulación d'O Busi está en "aparente bo estado de saúde" tras o rescate, indica Salvamento (Imaxe: Vesselfinder)
Un xulgado de Ourense rexeita a rectificación que Baltar esixía a El País por unha información sobre as testemuñas do caso no que é investigado. Informa ao respecto o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
A Marea de Vigo manifesta a súa "repulsa" ante o artigo de Juan José Calaza publicado este domingo en Faro de Vigo, onde o columnista defende o uso do termo "crime paixonal" para o asasinato machista de Chapela sinalando "a letra pequena que debe haber no drama familiar" e conclúe que "o feminismo sexualmente guerracivilista perderá a batalla no longo prazo". O artigo foi criticado tamén polo Colexio de Xornalistas
A conselleira Beatriz Mato aspirará a dirixir o PP na Coruña, segundo adianta La Voz. O nome de Mato soa con forza dende hai meses para remudar a Rosa Gallego como referente municipal da formación e optar á alcaldía coruñesa en 2019
#onosoderbi Deleite sortea cinco entradas duplas para o Deportivo-Celta do vindeiro domingo en Riazor. As instrucións para participar na promoción, na súa páxina de Facebook
O Parlamento Europeo sanciona o eurodeputado polaco que defendeu a "inferioridade feminina" e a fenda salarial de xénero. Recólleo eldiario.es
O pleno da Deputación de Lugo aproba inicialmente os Orzamentos de 2017 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. As contas ascenden a 85 millóns de euros e inclúen un plan único de financiamento dos concellos
Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez, premios de honra Pedigree e Chimpín de Prata no Festival de Cans 2017. Recibirano na Noite das Homenaxes do certame, o vindeiro 26 de maio en Cans.
Os prezos volveron subir en febreiro en Galicia ata un novo máximo do 3,3% interanual, a maior suba en media década, impulsados polo incremento no custe da enerxía. Estas subas xa están a impactar en eidos como as tarifas das escolas infantís da Xunta para o vindeiro curso.
Hoxe celébrase o Día de Pi, como todos os 14 de marzo (3/14 na representación anglosaxona)