Hoxe celébrase o Día de Pi, como todos os 14 de marzo (3/14 na representación anglosaxona)
Fálase
O Concello da Coruña inicia o procedemento para modificar o PXOM de xeito que a parcela da Solana volva ser solo público, revertendo o cambio introducido polo PP, que a converteu en solo dotacional privado en 2013
O Goberno ofrece 225 millóns de euros para prexubilar o 20% dos estibadores (ao redor de 1.350) e levar adiante así a reforma prevista
A Fiscalía arquiva a denuncia contra a Drag Queen de Las Palmas porque non ve "vontade de ofender"
A Generalitat de Catalunya desviou entre 2012 e 2014 á escola concertada 81 millóns de euros orzamentados para escolas infantís municipais.
A enquisa de Celeste Tel para El Diario amosa un ascenso do PSOE, que se achegaría ao nivel acadado nas eleccións de xuño
VÍDEO | "Imposible sen ti". Deportivo e Celta volven impulsar unha campaña pola concordia no derbi coa segunda parte do vídeo previo ao encontro da primeira volta.
O narco Laureano Oubiña sae da prisión en réxime de terceiro grao e terá que traballar nunha organización de axuda a persoas drogodependentes e migrantes. O histórico traficante volverá cada noite ao cárcere e non poderá regresar a Galicia ata o remate da condena. Recólleo a TVG
O xuíz de Angrois cita como investigado -antiga imputación- o ex-xefe de seguridade Adif, a Andrés Cortabitarte, que autorizou desconectar o freado automático a bordo do tren sinistrado. Toda a información, hoxe en Praza.
Artur Mas e as dúas ex-conselleiras Rigau e Ortega, condenados a inhabilitación pola consulta cidadá do 9 de novembro de 2014 . O tribunal superior catalán absolve os tres dirixentes dos delitos de prevaricación. Cóntao Catalunya Plural