A Fiscalía arquiva a denuncia contra a Drag Queen de Las Palmas porque non ve "vontade de ofender"
Fálase
A Generalitat de Catalunya desviou entre 2012 e 2014 á escola concertada 81 millóns de euros orzamentados para escolas infantís municipais.
A enquisa de Celeste Tel para El Diario amosa un ascenso do PSOE, que se achegaría ao nivel acadado nas eleccións de xuño
VÍDEO | "Imposible sen ti". Deportivo e Celta volven impulsar unha campaña pola concordia no derbi coa segunda parte do vídeo previo ao encontro da primeira volta.
O narco Laureano Oubiña sae da prisión en réxime de terceiro grao e terá que traballar nunha organización de axuda a persoas drogodependentes e migrantes. O histórico traficante volverá cada noite ao cárcere e non poderá regresar a Galicia ata o remate da condena. Recólleo a TVG
O xuíz de Angrois cita como investigado -antiga imputación- o ex-xefe de seguridade Adif, a Andrés Cortabitarte, que autorizou desconectar o freado automático a bordo do tren sinistrado. Toda a información, hoxe en Praza.
Artur Mas e as dúas ex-conselleiras Rigau e Ortega, condenados a inhabilitación pola consulta cidadá do 9 de novembro de 2014 . O tribunal superior catalán absolve os tres dirixentes dos delitos de prevaricación. Cóntao Catalunya Plural
A primeira ministra de Escocia procurará apoio parlamentario para celebrar un segundo referendo de autodeterminación antes de que o Reino Unido abandone a UE. O primeiro referendo celebrouse en setembro de 2014 e gañou "non" á independencia, defendido por grupos que argumentaban, entre outros aspectos, sobre a necesidade de permanecer na Unión Europea. O SNP vén de activar unha primeira web sobre o novo proceso.
Lores coida que "probablemente" volva ser candidato á alcaldía de Pontevedra nas vindeiras municipais, se ben advirte de que sería a súa "derradeira" candidatura. Sinalouno nunha entrevista coa Cadena SER
Este luns continúa o xuízo contra 12 persoas pola ocupación da Sala Yago, en Compostela, en 2011. Pídense para elas penas de entre ano e medio ata catro anos e medio. Ás 9 da mañá está convocada unha concentración ante os Xulgados de Fontiñas