Este luns continúa o xuízo contra 12 persoas pola ocupación da Sala Yago, en Compostela, en 2011. Pídense para elas penas de entre ano e medio ata catro anos e medio. Ás 9 da mañá está convocada unha concentración ante os Xulgados de Fontiñas

Este luns continúa o xuízo contra 12 persoas pola ocupación da Sala Yago, en Compostela, en 2011. Pídense para elas penas de entre ano e medio ata catro anos e medio. Ás 9 da mañá está convocada unha concentración ante os Xulgados de Fontiñas
Un novo atropelo a ciclistas deixa catro feridos en Gondomar. Precisamente esta fin de semana tivo lugar unha homenaxe ao ciclista que morreu en Oia, hai exactamente un ano, nun atropelo no que outras sete persoas resultaron feridas.
A Coruña é a cidade galega que incrementou máis o seu número de vivendas na última década, case 13.200 máis. Vigo, con case o triplo de parcelas edificadas, creceu en 11.500 vivendas dende o 2007.
Uns 300 veciños de Friol e Guitiriz volven protestar contra o traslado do seu cura e din que non colaborarán co clero
O alcalde de Alcorcón pídelle ao PP que suprima o aborto de forma paulatina. "O aborto, lonxe de ser un dereito, constitúe un retroceso social incompatible cun auténtico progreso baseado na dignidadr humana e os dereitos fundamentais", expuxo nunha emenda presentada no Congreso do PP de Madrid
O Celta cae (0-1) ante o Villarreal e afástase un chisco dos postos europeos.
Dúas emendas á tese oficial cuestionan a estratexia seguida por Anova con En Marea. Beiras apoia a Villares como líder da confluencia.
O Deportivo vence o Barcelona (2-1) con dous goles galegos: Joselu e Álex Bergantiños.
Susana Díaz anunciará o 26 de marzo a súa candidatura a liderar o PSOE. Será a terceira aspirante xunto a Patxi López e Pedro Sánchez.
O PP manteríase cunha cómoda vantaxe como o partido máis votado de haber eleccións xerais. Podemos tamén mantería a segunda posición, con case dous puntos de vantaxe sobre o PSOE segundo unha enquisa de Metroscopia.