O pleno da Deputación de Lugo aproba inicialmente os Orzamentos de 2017 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. As contas ascenden a 85 millóns de euros e inclúen un plan único de financiamento dos concellos

O pleno da Deputación de Lugo aproba inicialmente os Orzamentos de 2017 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. As contas ascenden a 85 millóns de euros e inclúen un plan único de financiamento dos concellos
Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez, premios de honra Pedigree e Chimpín de Prata no Festival de Cans 2017. Recibirano na Noite das Homenaxes do certame, o vindeiro 26 de maio en Cans.
Os prezos volveron subir en febreiro en Galicia ata un novo máximo do 3,3% interanual, a maior suba en media década, impulsados polo incremento no custe da enerxía. Estas subas xa están a impactar en eidos como as tarifas das escolas infantís da Xunta para o vindeiro curso.
Hoxe celébrase o Día de Pi, como todos os 14 de marzo (3/14 na representación anglosaxona)
O Concello da Coruña inicia o procedemento para modificar o PXOM de xeito que a parcela da Solana volva ser solo público, revertendo o cambio introducido polo PP, que a converteu en solo dotacional privado en 2013
O Goberno ofrece 225 millóns de euros para prexubilar o 20% dos estibadores (ao redor de 1.350) e levar adiante así a reforma prevista
A Fiscalía arquiva a denuncia contra a Drag Queen de Las Palmas porque non ve "vontade de ofender"
A Generalitat de Catalunya desviou entre 2012 e 2014 á escola concertada 81 millóns de euros orzamentados para escolas infantís municipais.
A enquisa de Celeste Tel para El Diario amosa un ascenso do PSOE, que se achegaría ao nivel acadado nas eleccións de xuño
VÍDEO | "Imposible sen ti". Deportivo e Celta volven impulsar unha campaña pola concordia no derbi coa segunda parte do vídeo previo ao encontro da primeira volta.