Portugal renuncia definitivamente ao tren de alta velocidade con España. "O Estado já recebeu dinheiro dos fundos comunitários para financiar a obra e tinha inclusivamente feito uma candidatura conjunta com Espanha para receber apoios de Bruxelas, que agora cairá por terra", conta o diario Público
Fálase
Os afiliados da CIG en PSA Peugeot Citröen celebrarán este sábado unha asemblea informativa que terá lugar no Hotel México a partir das 11:00 horas. A orde do día é a seguinte:
- Análise e debate Convenio Colectivo 2012-2015
- Aplicación Resolución Comisión de Garantías
- Folga Xeral do 29 de Marzo
- Rogos e Preguntas
O Ministerio de Empleo non tramitou pola vía do concurso público a realización dun vídeo informativo sobre a reforma laboral, que a oposición cualifica de "propagandístico". Non houbo anuncio de licitación nin de adxudicación e, polo tanto, se descoñece o seu custo. O PSOE xa anunciou unha demanda.
Diagonal celebra este sábado na Tabacalera de Madrid o seu sétimo aniversario. O quincenal conta con 5000 susbscritores e en abril presentará unha web renovada e con máis contidos.
A oposición ve no anuncio do ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, de endurecer o Código Penal para os delictos de desobediencia e resistencia á autoridade, un intento de "amedrentar os cidadáns para que non se manifesten contra o recorte de dereitos".
A Xunta pacta con Brenntag unha indemnización extraxudicial de 5,5 millóns de euros polo vertido tóxico ao río Umia. O Goberno galego, que solicitaba unha compensación de 9,6 millóns, cre que é mellor asegurar a cantidade acadada antes que agardar polo "resultado incerto" do xuízo.
Repsol-YPF acepta reinvestir en Arxentina todos os beneficios que obteña pola súa actividade no país, cumprindo a esixencia do goberno de Cristina Fernández
Comezan a notarse, nos transportes, os primeiros efectos da folga xeral convocada pola CGTP en Portugal.
Golpe de Estado en Mali. Os militares rebeldes aseguran ter tomado o Palacio Presidencial de Bamako e detido varios ministros. Teñen o control da televisión e radio estatais e anuncian a disolución de todas las instituciones e a suspensión da Constitución. O Goberno francés esixe que se celebren "sen demora" as eleccións previstas para abril.
Continúa o cerco ao presunto autor dos atentados de Toulouse, co que a policía non consegue establecer contacto dende as dez da noite. O ministro francés de Interior, Claude Guéant, di esperar que Mohamed Merah estea "aínda vivo". A información en directo en Le Monde.