Comezan a notarse, nos transportes, os primeiros efectos da folga xeral convocada pola CGTP en Portugal.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f6ad7899abd6-376336.jpg)
Comezan a notarse, nos transportes, os primeiros efectos da folga xeral convocada pola CGTP en Portugal.
Golpe de Estado en Mali. Os militares rebeldes aseguran ter tomado o Palacio Presidencial de Bamako e detido varios ministros. Teñen o control da televisión e radio estatais e anuncian a disolución de todas las instituciones e a suspensión da Constitución. O Goberno francés esixe que se celebren "sen demora" as eleccións previstas para abril.
Continúa o cerco ao presunto autor dos atentados de Toulouse, co que a policía non consegue establecer contacto dende as dez da noite. O ministro francés de Interior, Claude Guéant, di esperar que Mohamed Merah estea "aínda vivo". A información en directo en Le Monde.
O PSOE denuncia ante a Xunta Electoral o vídeo no que o Ministerio de Empleo explica a reforma laboral. Nos primeiros sesenta segundos, 32 son imáxenes corporativas do Executivo. Aquí o podes ver
CIG Autonómica vén de convocar aos empregados públicos a unha multitude de mobilizacións repartidas por toda Galicia. As concentracións amosarán o rexeitamento da central contra as medidas do sector público, a reforma laboral ou os recortes nos servizos básicos. Esta é a programación das protestas.
A Coruña | 11:30 | Edifición Administrativo de Monelos |
Santiago | 11:30 | San Caetano (diante da cafetería) |
Santiago | 11:30 | San Lázaro (diante do edificio de Medio Ambiente) |
Oleiros | 11:00 | Residencia de Maiores |
Ourense | 11:30 | Subdelegación do Goberno |
Pontevedra | 11:30 | Edificio administrativo de Campolongo |
Vilagarcía | 11:30 | INTECMAR |
Vigo | 11:00 | Edificio Administrativo |
Vigo | 14:00 | Dirección Provincial do SERGAS |
Vigo | 11:00 | Hospital do Meixoeiro, con paseo até area comercial |
Vigo | 11:00 | Hospital Xeral |
Vigo | 11:00 | Xulgados |
O Concello de Lugo deixará de ser a única cidade galega sen unha ordenanza de normalización lingüística. A normativa instaura oficialmente o galego como lingua oficial do Concello e de todos os servizos que presta. O goberno lugués, formado por PSdeG e BNG, agarda que o PP se sume á iniciativa.
O gasto militar do Estado segue a subir no medio dos recortes. Cóntao El País.
O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero (PSdeG) abandonou onte un acto da Consellería de Infraestruturas nese concello polas críticas de Agustín Hernández á xestión do bipartito
#onosoderbi Dúas peñas do Celta e do Dépor, formadas por galegos residentes en Madrid, optan pola irmandade para converter nunha festa o partido do 15 de abril. En Morriña Celeste.
El Confidencial Digital asegura que o Ministerio de Defensa vén de tombar a orde impulsada pola ex ministra Carme Chacón para vetar a mestura do Exército con actos relixiosos. Esta Semana Santa, os militares poderán participar en procesións e eventos semellantes "sen límites", explica.