O PSOE denuncia ante a Xunta Electoral o vídeo no que o Ministerio de Empleo explica a reforma laboral. Nos primeiros sesenta segundos, 32 son imáxenes corporativas do Executivo. Aquí o podes ver
Fálase
CIG Autonómica vén de convocar aos empregados públicos a unha multitude de mobilizacións repartidas por toda Galicia. As concentracións amosarán o rexeitamento da central contra as medidas do sector público, a reforma laboral ou os recortes nos servizos básicos. Esta é a programación das protestas.
Mobilizacións para este xoves A Coruña 11:30 Edifición Administrativo de Monelos Santiago 11:30 San Caetano (diante da cafetería) Santiago 11:30 San Lázaro (diante do edificio de Medio Ambiente) Oleiros 11:00 Residencia de Maiores Ourense 11:30 Subdelegación do Goberno Pontevedra 11:30 Edificio administrativo de Campolongo Vilagarcía 11:30 INTECMAR Vigo 11:00 Edificio Administrativo Vigo 14:00 Dirección Provincial do SERGAS Vigo 11:00 Hospital do Meixoeiro, con paseo até area comercial Vigo 11:00 Hospital Xeral Vigo 11:00 Xulgados O Concello de Lugo deixará de ser a única cidade galega sen unha ordenanza de normalización lingüística. A normativa instaura oficialmente o galego como lingua oficial do Concello e de todos os servizos que presta. O goberno lugués, formado por PSdeG e BNG, agarda que o PP se sume á iniciativa.
O gasto militar do Estado segue a subir no medio dos recortes. Cóntao El País.
O alcalde de Noia, Rafael García Guerrero (PSdeG) abandonou onte un acto da Consellería de Infraestruturas nese concello polas críticas de Agustín Hernández á xestión do bipartito
#onosoderbi Dúas peñas do Celta e do Dépor, formadas por galegos residentes en Madrid, optan pola irmandade para converter nunha festa o partido do 15 de abril. En Morriña Celeste.
El Confidencial Digital asegura que o Ministerio de Defensa vén de tombar a orde impulsada pola ex ministra Carme Chacón para vetar a mestura do Exército con actos relixiosos. Esta Semana Santa, os militares poderán participar en procesións e eventos semellantes "sen límites", explica.
Un enxeñeiro holandés fai realidade o seu soño de voar 'como un paxaro'. En La Información.
A Xunta celebra o Día Forestal Mundial plantando árbores na Cidade da Cultura
Hoxe celébrase o Día internacional pola eliminación da Discriminación Racial en recordo da Matanza de Sharpeville, perpetrada en 1960 pola policía sudafricana contra manifestantes que protestaban contra o Apartheid.