Mariano Rajoy define a "situación política" actual nun chío
Fálase
A Garda Civil pide a imputación do presidente de Murcia e dunha senadora por corrupción. Ambos os dous terían contratado a trama Púnica con cartos públicos para que levase a súa imaxe nas redes sociais.
Felipe González pediu por carta a un xenocida favores para ao empresario Farshad Zandi. Escribiu ao presidente de Sudán para que o seu amigo conseguise un xacemento.
A Xunta cuadriplica as denuncias por cambios de uso de solo tras un incendio. Pasouse dos 48 expedientes de 2014 aos 179 abertos o pasado ano.
A desigualdade continúa aumentando malia o crecemento da economía no Estado. A diferenza entre as persoas con menos ingresos e con máis seguiu alargándose durante 2015.
O Festival Primavera do Cine de Vigo vén de dar a coñecer o palmarés da súa quinta edición. As curtametraxes Vida (Rubén Riós) e Pronto, Era Assim (Joana Nogueira e Patrícia Rodrigues), as longametraxes Frankestein-04155 (Aitor Rei) e O Heroi (Zézé Gamboa) e o videoclip Mar de Fondo (Lara Capeáns), gañadoras
O Rácing de Ferrol, eliminado da fase de ascenso a Segunda A ao perder co Cádiz na Malata (1-2). O Boiro, en cambio, supera o Caudal (malia caer 1-0) e ascende a Segunda B, grazas á vantaxe de dous goles acadada no partido de ida.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra este luns unha xunta directiva e unha asemblea xeral que se prevén claves para garantir a viabilidade económica da entidade, que arrastra unha débeda moi importante e que nos últimos anos despediu a dous terzos dos seus empregados.
ACNUR estima que ao redor de 700 persoas morreron en naufraxios no Mediterráneo nos últimos tres días. Esta semana foron rescatadas unhas 12.000 persoas que tentaban chegar a Europa
Afástase a posibilidade dun acordo entre PP e PSOE para aprobar o novo PXOM de Ourense, despois de que o borrador presentado polo Goberno local non contentase os socialistas. O texto tamén é rexeitado por Democracia Ourensana e Ourense en Común.