O Ministerio de Educación planea recortar os contidos educativos que regulan as autonomías e centralizar ata o 75% dos contidos escolares. Adiántao o diario El País.
Fálase
Os ao redor de mil militantes de Esquerda Unida votan até as once da noite a coalición técnica con Anova para concorrer ás eleccións do 21-O. Agárdase unha clara vitoria do si.
O déficit de Galicia situouse por riba da media do Estado no primeiro trimestre do ano. En El País.
Sandra Araúxo e Rafael Cuiña anunciarán mañá a súa candidatura ás primarias de Compromiso por Galicia na provincia de Pontevedra.
Eldiario.es amosa os prezos que o Goberno de Castilla-La Mancha lle cobrará ás persoas inmigrantes que non teñan dereito á sanidade pública. Entre eles, 4.392 euros por cesárea e 2.800 por un día na UCI
Islandia debate se bloquear a pornografía e o xogo online. Os dous maiores proveedores de internet do pais, Vodafone e Siminn, estarían pensando en bloquear o acceso para defender os aboados de posible malware.
O PSdeG interpreta a inclusión de altos cargos da Xunta nas listas electorais do PP como unha operación de Feijóo para "salvar os seus colaboradores cando perda as eleccións" cun escano no Parlamento, di Pablo García
A troika pide que os gregos traballen 13 horas ao día. Tamén solicita que se reduzan á metade os prazos para anunciar un despido e as indemnizacións e que se eliminen 15.000 empregos públicos até final de ano.
A CGT convoca folga xeral en todo o Estado para o vindeiro 31 de outubro e "ante a situación de emerxencia social na que se atopan millóns de persoas traballadoras" en España.
Os traballadores do naval dan de prazo até o luns para que se convoque a comisión de seguimento do dique flotante. De non ser así, aumentarán as medidas de presión, logo de acumular xa tres días de peche no Concello de Ferrol.