As mulleres ocupan tan só o 17% dos postos nos consellos de administracións das empresas do IBEX 35. Gas Natural, Sacyr e Técnicas Reunidas seguen sen contar con ningunha conselleira.
Fálase
Competencia multa con case 90 millóns ao cártel lácteo por repartirse o mercado. A multa recae sobre nove empresas e dúas asociacións e é a cuarta máis importante que impón a CNMC na súa historia.
375 organizacións sociais de toda Europa remítenlles unha carta aos e ás eurodeputadas na que lles piden que protexan a cidadanía fronte ao TTIP e alertan sobre a perda da soberanía democrática que o tratado pode provocar.
Montse Dopico entrevista o profesor Lucio Martínez Pereda, autor do libro Medo político e control social na retagarda franquista (Xerais). Martínez Pereda destaca que “Filgueira Valverde tivo o poder suficiente para eliminar probas da súa importantísima colaboración coa ditadura franquista”
Bernardo Atxaga, Carme Riera, Suso de Toro e Bradley Epps participarán no ciclo Cara a onde? A transformación cultural e social desde a literatura, que se celebrará no CGAC, en Compostela, a partir do 7 de marzo
A patronal galega cre que a "esquerda radical" pode "tombar" o "grande ano de emprego" que prevé neste 2015. Fernández Alvariño pide "non poñer apelidos" ao emprego precario.
Desafiuzada unha familia cun bebé en Ourense, cidade con 15.000 vivendas baleiras. O desaloxo fora aprazado a pasada semana na busca dunha solución para María, o seu marido e os dous fillos, que hoxe abandonaron a súa vivenda por non poder pagar o aluguer. Fotografía de @radioourense.
A Coalición Prointernet, formada por empresas xeradoras de contidos dixitais, distribuidoras de servizos online, medios como El Diario ou 20Minutos e entidades coma a Asociación de Internautas ou Wikimedia, denuncia a "inseguridade xurídica" provocada pola entrada en vigor da Lei de Propiedade Intelectual e o "grave impacto" provocado na economía dixital en España.
O paro cae en febreiro en 13.538 persoas en España, con 96.909 novos afiliados e afiliadas á Seguridade Social. En Galicia número de persoas inscritas como demandantes de emprego reduciuse en 1.453, situándose en 257.549, con 4.517 novos afiliados e afiliadas. Toda a información, esta mañá en Praza.
China Sonangol, filial chinesa da petroleira estatal de Angola, dá por feita a compra do Grupo Rodman. A empresa pagaría uns 100 millóns de euros polo estaleiro vigués.