Patxi López afirma nunha entrevista en El Diario.es que "se non recuperamos a cercanía coa xente o 'sorpasso' de IU ao PSOE darase seguro". Non descarta facer tandem con Madina para aspirar a liderar os socialistas.
Fálase
Aznar non descarta volver á política: “Nunca eludo a miña responsabilidade”. Nunha entrevista emitida por Antena3 esta pasada noite esixiulle a Rajoy que baixe impostos e un "proxecto político renovado".
Eurodeputados españois do PP rexeitan un informe a prol da liberdade de prensa votado na Eurocámara. En El Mundo
Rexeitada a iniciativa de Izquierda Plural para declarar o 18 de xullo como día da condena do franquismo. O PP votou en contra e UPyD abstívose. O partido de Rosa Díez considera que suporía "abrir cicatrices". En El País.
O ministerio de Emprego asina un acordo co Goberno alemán para que 5.000 mozos e mozas vaian traballar cada ano a ese país. Na Cadena SER
UPyD anuncia que non se sumará á iniciativa para condenar o franquismo que IU promoverá esta tarde no Congreso dos Deputados.
A Xunta anuncia unha viaxe de Feijóo a Cuba "no segundo semestre do ano"
O Goberno non descarta adiantar a venda de Novagalicia Banco "se cambia a situación dos mercados". Así o asegura o secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre.
Tráfico multa as autoestradas por rotular en galego os seus sinais. Fóronlles remitidas medio cento de multas por 3.000 euros cada unha logo dunha denuncia da Garda Civil polos sinais que avisan da peaxe.
O Goberno suspende a obriga de reservar solo para vivendas de protección oficial. Os promotores logran que o PP emende a Lei de Rehabilitación, segundo conta Cinco Días.