Esquerda Unida, Anova e un grupo de inscritos en Podemos presentaron este luns Ferrol en Común, a candidatura coa que concorrerán ás eleccións municipais, e que decidirá os seus candidatos e candidatas antes do 9 de abril.
Fálase
Esquerda Unida presentará unha moción no próximo pleno municipal coruñés, o 1 de abril, para esixir a convocatoria dunha sesión extraordinaria para debater os presuntos enchufes destapados pola operación Pokemon. A moción obrigará ao PP a posicionarse sobre este asunto.
Profesorado e alumnado das universidades galegas protestará este martes nas rúas contra a reforma dos graos impulsada polo Goberno central. As protestas comezarán ás 11.30 en Santiago de Compostela (Alameda), A Coruña (Praza de Pontevedra), Ferrol (Praza de España), Lugo (Edificios dos sindicatos), Ourense (Xefatura territorial de Educación), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (Praza América).
Dimiten cinco dirixentes de UPyD tras o mal resultado nas eleccións andaluzas, deixando a Rosa Díez nunha difícil posición. As dimisionarias son a deputada Irene Lozano e o deputado Álvaro Anchuelo ou o portavoz na Asemblea de Madrid, Luis de Velasco
Incendiaria intervención de Tomás Gómez contra Pedro Sánchez na Executiva Federal do PSOE. Acusouno de estar "dirixido" por El País e reclamou a restitución do Comité Regional de Madrid
Silvia Pérez, Rosa María Verdugo e a profesora da Universidade de Vigo publican El putero español, unha análise a nivel nacional sobre "as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución". Conclúen que os clientes, o 30% dos homes españois, non buscan pracer sexual, senón reafirmar unha identidade masculina en transformación. Ademais, clasificanos en catro categorías: misóxino, amigo, mercantilista e crítico
O xuíz Ruz dá por acreditada a 'caixa B' do PP e pecha a investigación dos papeis de Bárcenas
Compostela Aberta fai pública a configuración da lista resultante das súas primarias, encabezada por Martiño Noriega. Máis información, hoxe en Praza.
La Opinión analiza os gañadores e perdedores da polémica tramitación do polígono de Someso, unha actuación que supuxo unha perda de 19 millóns de euros para o Concello da Coruña. O Goberno municipal de Carlos Negreira decidiuse por fin a esixir a través do Tribunal de Contas que o ex alcalde Francisco Vázquez e outros seis edís asuman a responsabilidade deses cartos perdidos, unha medida de escasa efectividade se o Concello non revisa os acordos sobre Someso.
A Plataforma polo Río manifestouse este domingo en Sarria para pedir que non se derrube unha das pontes sobre o río, tal como está contemplando no plano de encanamento.