Silvia Pérez, Rosa María Verdugo e a profesora da Universidade de Vigo publican El putero español, unha análise a nivel nacional sobre "as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución". Conclúen que os clientes, o 30% dos homes españois, non buscan pracer sexual, senón reafirmar unha identidade masculina en transformación. Ademais, clasificanos en catro categorías: misóxino, amigo, mercantilista e crítico
Fálase
O xuíz Ruz dá por acreditada a 'caixa B' do PP e pecha a investigación dos papeis de Bárcenas
Compostela Aberta fai pública a configuración da lista resultante das súas primarias, encabezada por Martiño Noriega. Máis información, hoxe en Praza.
La Opinión analiza os gañadores e perdedores da polémica tramitación do polígono de Someso, unha actuación que supuxo unha perda de 19 millóns de euros para o Concello da Coruña. O Goberno municipal de Carlos Negreira decidiuse por fin a esixir a través do Tribunal de Contas que o ex alcalde Francisco Vázquez e outros seis edís asuman a responsabilidade deses cartos perdidos, unha medida de escasa efectividade se o Concello non revisa os acordos sobre Someso.
A Plataforma polo Río manifestouse este domingo en Sarria para pedir que non se derrube unha das pontes sobre o río, tal como está contemplando no plano de encanamento.
Nas eleccións departamentais francesas, a Fronte Nacional non consegue ser a primeira forza, como pretendía. Co 26,3%, quedou por detrás da unión da UMP de Sarkozy con forzas de centrodereita, que obtiveron o 31% dos votos. O gran derrotado foi o Partido Socialita, que ficou no 21%. As forzas de esquerda estarán ausentes das segundas voltas nunha cuarta parte dos cantóns.
As portadas do luns destacan o contundente triunfo do PSOE en Andalucía, que aínda así queda lonxe da maioría absoluta.
Ampla vitoria de Susana Díaz e o PSOE nas eleccións andaluzas. Os socialistas manteñen os 47 deputados obtidos en 2012, superando a PP, que chega a 33 (baixa 17) e Podemos, que acadou 15. Ciudadanos entra no Parlamento con 9 deputados e IU baixa ata os 5 escanos.
Unha sondaxe de GAD3 para ABC axusta algo máis os resultados de PSOE e PP. Os socialistas obterían 39-44 deputados, e os populares 33-38. Podemos tería 16-20, Ciudadanos 7-10 e IU 5-6
Pechan o colexios en Andalucía. Unha sondaxe de TNS-Demoscopia a pé de urna outórgalle a vitoria ao PSOE con 41-44 escanos (47 en 2012), por diante de PP con 32-35 (50) e Podemos, con 19-22. Ciudadanos e IU obterían 6 ou 7 deputados cada un. A maioría absoluta está fixada en 55.