Unha sondaxe de GAD3 para ABC axusta algo máis os resultados de PSOE e PP. Os socialistas obterían 39-44 deputados, e os populares 33-38. Podemos tería 16-20, Ciudadanos 7-10 e IU 5-6
Fálase
Pechan o colexios en Andalucía. Unha sondaxe de TNS-Demoscopia a pé de urna outórgalle a vitoria ao PSOE con 41-44 escanos (47 en 2012), por diante de PP con 32-35 (50) e Podemos, con 19-22. Ciudadanos e IU obterían 6 ou 7 deputados cada un. A maioría absoluta está fixada en 55.
Na Terceira, Pontevedra (64 puntos), Cerceda (56), Dépor B (53) e Rápido de Bouzas (49) encabezan a táboa.
Cerceda 5-0 Bertamiráns
Deportivo B 5-0 Silva
Ribadeo 0-0 Cultural Areas
Rápido de Bouzas 1-0 Choco
As Pontes 2-2 Arousa
Alondras 1-0 Barbadás
Pontevedra 3-1 Laracha
Xuventú Sanxenxo 2-3 Ordes
Bergantiños 1-0 Boiro
Ribadumia 0-2 Racing VilalbésO Lugo derrotou o Alavés (3-2) no Anxo Carro. Os lucenses sitúanse a cinco puntos dos postos de play-off de ascenso. Na Segunda B, vitorias de Rácing de Ferrol e Celta B, e empates de Compostela, Somozas e Coruxo. O Rácing é terceiro, en postos de play-off e o Compos aínda mantén algunha opción
Ás seis da tarde mantense o leve incremento da participación que xa se rexistraba ao mediodía: crece catro puntos, do 47,21% de 2012 ata o 51,43%. Porén, a participación segue sendo moi inferior á de 2004 (59,5%) e 2008 (61,1%). A participación crece máis en Cádiz, Málaga e Sevilla.
Xa se pode ver o documental Folga en Cleanet. Mulleres rachando o muro, que relata a loita destas 54 traballadoras, que sumaron máis de catro meses de folga. As empregadas recibiron hai unhas semanas o Premio 8 de marzo, que entrega a CIG.
Unha portada de Der Spiegel con Merkel entre nazis en Grecia desata unha polémica mediática. A imaxe ilustra unha reportaxe sobre a imaxe de Alemaña no resto de Europa.
Aumenta a participación nas eleccións andaluzas con respecto aos comicios de 2012. Ás dúas da tarde votara o 33,94%, fronte ao 29,29% de hai tres anos. A afluencia de votantes é maior en todas as provincias, pero especialmente en Cádiz e Sevilla. As cifras, no entanto, son inferiores ás rexistradas en 2008 (39,07%) e 2004 (40,99%)
O Dépor empatou en Riazor ante o Espanyol (0-0). Os branquiazuis suman 26 puntos, tres por riba dos postos de descenso.
Este domingo notaranse aínda os efectos da marea xigante, provocada pola aliñación do Sol, da Terra e da Lúa, o equinoccio e a proximidade do propio satélite, unhas mareas que só se producen cada 18 anos. A preamar (ao redor das cinco e media da mañá e ás cinco e media da tarde) superará os catro metros