Tensión no Parlamento; o deputado socialista José Manuel Lage (@jmlage) tramita 166 preguntas para coñecer o gasto en combustible de diversos vehículos oficiais do Goberno. O director xeral de Relacións Institucionais acúsao de buscar "publicidade" e recoméndalle "altura de miras". Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
#YPF Bruxelas suspende unha reunión con Arxentina en resposta á nacionalización de YPF. A Comisión Europea considera "ilegal" a expropiación e anuncia que xa estuda "todas as opcións posibles" de represalia contra a decisión.
Economistas Frente a la Crisis pretende constituírse como asociación. Esta iniciativa dun grupo de economistas, que naceu como resposta á política económica do Goberno español, pide apoio para conformarse como asociación ante o éxito mediático e de afiliación das súas propostas e manifestos.
Ángel Currás xa é alcalde de Santiago, en substitución de Gerardo Conde Roa. Toda a información, hoxe en Praza.
Sindicalistas da CIG crean unha nova corrente denominada Galiza Obreira. Presentarase o xoves en Vigo coa intención de "contrarrestar a tendencia de establecer un grupo hexemónico de poder".
O Tesouro Público logra colocar 3.178 millóns de euros en letras a 12 e 18 meses, coa prima de risco por riba dos 430 puntos básicos, aínda que a tipos medios de interese máis altos, segundo asegura o Banco de España.
Ángel Currás convértese este mediodía en substituto de Gerardo Conde Roa na Alcaldía de Santiago. Ata agora foi concelleiro de Cultura e, co Goberno de Fraga, foi responsable da Cidade da Cultura.
Fomento prevé ampliar a rede de tren de proximidade e medita implantalo en Galicia. O secretario de Estado de infraestruturas, Rafael Catalá, acaba de anuncialo na Comisión de Fomento do Congreso, onde prometeu un investimento de 28,5 millóns nestas redes ferroviarias.
#YPF O Goberno arxentino di que Repsol recuperou con creces todo o seu investimento en YPF e que xa recibiu 6.700 millóns máis dos que pagou.
O DOG publica este martes o decreto polo que Alfonso Rueda asume o despacho dos asuntos da Presidencia da Xunta "ata o regreso" de Feijóo, que hoxe inicia unha viaxe a México, anunciada onte mesmo polo Goberno galego.