#YPF O Goberno arxentino di que Repsol recuperou con creces todo o seu investimento en YPF e que xa recibiu 6.700 millóns máis dos que pagou.
Fálase
O DOG publica este martes o decreto polo que Alfonso Rueda asume o despacho dos asuntos da Presidencia da Xunta "ata o regreso" de Feijóo, que hoxe inicia unha viaxe a México, anunciada onte mesmo polo Goberno galego.
A Igrexa portuguesa reacciona ante os recortes educativos do Goberno de Passos Coelho. Condideran que o veto aos "máis pobres" no ensino superior é "un atentado á democracia". No diario Público.
The Guardian asegura que o Goberno podería intervir unha comunidade autónoma o vindeiro mes de maio. O diario británico fala da mala situación económica de Valencia, Castela-A Mancha e Andalucía.
O diario Ara analiza o interese "dos monárquicos" por "aferrarse" á figura do príncipe Felipe, "único membro da Coroa" ao que aínda non o salpicaron "os escándalos", din.
#YPF Brufau anuncia "todas as medidas legais ao alcance" contra o Goberno arxentino e advirte que a compañía "demandará o Executivo austral", ademais de solicitar "unha compensación xusta" a través da arbitraxe internacional.
#YPF Antonio Brufau, presidente de Repsol, di que Arxentina debe "realizar unha OPA" e acúsaa de "realizar un acto ilexítimo e inxustificable e de flitracións interesadas para provocar a caída do prezo das accións de YPF e facilitar a expropiación a prezo de saldo". Pide A súa intervención, aquí.
Vilaweb lembra que "Fraga xa cazaba elefantes", como revelou no documental Memòria Negra, de Xavier Montanyà
En Arxentina, as portadas son de moi distinto signo que as españolas. Apoian a expropiación do 51% de YPF e salientan a "presión" de España
A prensa conservadora española fala de "Expolio" (ABC) ou de "La guerra sucia de Kirchner" (La Razón) en relación coa expropiación de Repsol-YPF realizada polo Goberno arxentino.