Máis de 20.000 persoas secundaron, segundo UGT e CCOO, as mobilizacións "en defensa do emprego e a xustiza social" en diferentes puntos de Galicia. "Pero a loita non vai acabar aquí, o vindeiro día 11 de marzo ambos sindicatos convocan unha nova xornada de manifestacións en todo o país contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos, que forman parte dun proceso sostido e crecente de mobilizacións", incidiron desde CCOO Galicia. Proceso que todo indica que culminará, como recolleu Praza, coa convocatoria dunha folga xeral unitaria en todo o Estado.