Esperanza Aguirre: "Cando protestamos nós contra o Goberno nas rúas?". A presidenta da Comunidade de Madrid engadiu que "había manifestacións cando pactaban cos terroristas, e todas autorizadas, pero non nos dedicamos ás algaradas callejeras"
Fálase
Máis de 20.000 persoas secundaron, segundo UGT e CCOO, as mobilizacións "en defensa do emprego e a xustiza social" en diferentes puntos de Galicia. "Pero a loita non vai acabar aquí, o vindeiro día 11 de marzo ambos sindicatos convocan unha nova xornada de manifestacións en todo o país contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos, que forman parte dun proceso sostido e crecente de mobilizacións", incidiron desde CCOO Galicia. Proceso que todo indica que culminará, como recolleu Praza, coa convocatoria dunha folga xeral unitaria en todo o Estado.
Tamén houbo manifestación en Vigo
CC.OO, UGT e outros colectivos sociais manifestáronse este serán contra o proxecto de reforma laboral. Imaxe da Coruña (via @lutarribe)
Este mes que remata hoxe foi o febreiro máis seco no sur de Galicia dende que hai rexistros. Só choveu un día e en todo o inverno a diminución das precipitacións é do 70%. Explícao Carlos Balseiro.
Mobilizacións para esta tarde en Galicia convocadas por CCOO e UGT no marco da xornada de protestas a nivel europeo contra as políticas de recorte e austeridade.
- A Coruña: fronte á Delegación do Goberno, a partir das 20:00 horas
- Santiago: Ás 19:30 horas no Toural
- Ferrol: Comezou ás 19:00 horas na Praza de Armas
- Viveiro: Praciña da Fonte Nova a partir das 20:00 horas
- Ourense: fronte á Subdelegación do Goberno, ás 20:00 horas
- Vigo: Oito da tarde tamén, fronte ao Museo Marco (Príncipe)
- Pontevedra e Vilagarcía, ás 20:00 horas na Praza da Ferrería e na da Ravella, respectivamente
Rajoy matiza as palabras do seu portavoz no Congreso, quen aventurou un recorte sen precedentes para pechar 2012 cun 4,4% de déficit. Volve botar man dos modismos. "Sin prisa pero sin pausa"
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta veñen de convocar para este xoves, 1 de marzo, concentracións de rexeitamento á Lei de Emprego Público xa aprobada no Parlamento. As concentracións serán ás 11:30 diante dos dous edificios administrativos da Xunta: San Caetano (diante da cafetería) e San Lázaro (diante do edificio de Medio Ambiente). Terán unha duración de 15 minutos.
A CIG continúa coa súa campaña informativa de cara á folga xeral xa convocada pola central nacionalista para o 29 de marzo. Este xoves teñen programadas mobilizacións en seis cidades galegas.
- Na Coruña haberá unha concentración ás 12:15 horas diante do INEM de Monelos na que participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
- En Ferrol, manifestación ás 12:00 horas con saída dende a Avenida do Esteiro até a Praza do Concello
- Concentración ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Lugo
- En Santiago, saída ás 12:00 horas cara a Confederación de Empresarios, na rúa do Vilar, onde se celebrará unha concentración
- Na cidade das Burgas (Ourense) haberá unha concentración ás 11:30 horas diante da oficina de Novagalicia Banco da Rúa do Paseo
- En Vigo está programada unha asemblea "aberta" no Mercado do Calvario, ás 12:00 horas
Xa non hai espazo para rumores. General Motors (GM) e PSA Peugeot Citroën anuncian a súa alianza estratéxica a nivel mundial. Os norteamericanos adquirirán o 7% do capital social da firma francesa, que ten unha factoría en Vigo. Le Monde amplía a información