A CIG continúa coa súa campaña informativa de cara á folga xeral xa convocada pola central nacionalista para o 29 de marzo. Este xoves teñen programadas mobilizacións en seis cidades galegas.
- Na Coruña haberá unha concentración ás 12:15 horas diante do INEM de Monelos na que participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
- En Ferrol, manifestación ás 12:00 horas con saída dende a Avenida do Esteiro até a Praza do Concello
- Concentración ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Lugo
- En Santiago, saída ás 12:00 horas cara a Confederación de Empresarios, na rúa do Vilar, onde se celebrará unha concentración
- Na cidade das Burgas (Ourense) haberá unha concentración ás 11:30 horas diante da oficina de Novagalicia Banco da Rúa do Paseo
- En Vigo está programada unha asemblea "aberta" no Mercado do Calvario, ás 12:00 horas