Comeza a circular por Twitter o hastag #amiquenomedefienda para opoñerse á posible designación do ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, como Defensor del Pueblo, nomeamento que algúns xa dan por pechado vía acordo entre PP e PSOE

Comeza a circular por Twitter o hastag #amiquenomedefienda para opoñerse á posible designación do ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, como Defensor del Pueblo, nomeamento que algúns xa dan por pechado vía acordo entre PP e PSOE
Elena Salgado monta unha asesoría: Elsa & Partners. Inclúe como obxecto social o "asesoramento estratéxico a entidades de dereito público e privado, organismos e axencias internacionais, pertencentes a países da Unión Europea ou de terceiros países". A exministra é a administradora única. Ten un capital social de 3.000 euros. Link a máis datos
O diario dixital Voz Pópuli faise eco tamén da posible folga xeral que poden convocar de maneira inminente CCOO e UGT a nivel estatal. Praza Pública foi o primeiro medio en adiantar estas negociacións.
Hoxe é xornada de mobilizacións por todo o Estado contra a política de recortes das administracións.
Novagalicia Banco desconvocou a reunión que estaba prevista para este xoves cos sindicatos. Encontro da mesa de negociación sobre o ERE formulado pola entidade e que afectaría a 750 traballadores, entre outras medidas. O anuncia a división da CIG Banca no seu blog
Ata 800 bancos de toda Europa asistiron á poxa de liquidez do Banco Central Europeo (BCE). Repartíronse máis de 529.000 millóns de euros na chamada LTRO (Long Term Refinancing Operations), a tres anos. Entre as dúas operacións repartiron un billón de euros entre a banca, equivalente ao Produto Interior Bruto (PIB) de España. Nese link tedes a táboa do BCE na que se inclúen estes datos
A recadación efectiva das comunidades autónomas en 2011 foi moi inferior ao orzamentado por elas mesmas. Obtiveron 18.000 millóns menos de ingresos do que inicialmente tiñan previsto. Cifras como esta poden explicar a desviación orzamentaria e o 8,51% de déficit rexistrado polas administracións públicas o pasado exercicio.
A deputada do PP Ángeles Díaz Pardo asegura no Parlamento que "o desgoberno socialista" promoveu "a pílula postcoital e o aborto como métodos anticonceptivos".
Feijóo asegura no Parlamento que non lles baixou "nin un euro" aos empregados públicos. Contámolo en Praza Pública.
CCOO e UGT están "a un paso" de convocar unha folga xeral a nivel estatal o día 29 de marzo. Así o indican fontes sindicais a Praza Pública. A nova non está aínda confirmada malia que fontes próximas á central que comanda Ignacio Fernández Toxo xa o dan por feito. "Haberá", responderon de maneira telegráfica a preguntas deste diario, que non quixeron dar unha data. De producirse sería na mesma data que a convocatoria da CIG. Estaremos pendentes de calquera novidade.