Hoxe é xornada de mobilizacións por todo o Estado contra a política de recortes das administracións.
Fálase
Novagalicia Banco desconvocou a reunión que estaba prevista para este xoves cos sindicatos. Encontro da mesa de negociación sobre o ERE formulado pola entidade e que afectaría a 750 traballadores, entre outras medidas. O anuncia a división da CIG Banca no seu blog
Ata 800 bancos de toda Europa asistiron á poxa de liquidez do Banco Central Europeo (BCE). Repartíronse máis de 529.000 millóns de euros na chamada LTRO (Long Term Refinancing Operations), a tres anos. Entre as dúas operacións repartiron un billón de euros entre a banca, equivalente ao Produto Interior Bruto (PIB) de España. Nese link tedes a táboa do BCE na que se inclúen estes datos
A recadación efectiva das comunidades autónomas en 2011 foi moi inferior ao orzamentado por elas mesmas. Obtiveron 18.000 millóns menos de ingresos do que inicialmente tiñan previsto. Cifras como esta poden explicar a desviación orzamentaria e o 8,51% de déficit rexistrado polas administracións públicas o pasado exercicio.
A deputada do PP Ángeles Díaz Pardo asegura no Parlamento que "o desgoberno socialista" promoveu "a pílula postcoital e o aborto como métodos anticonceptivos".
Feijóo asegura no Parlamento que non lles baixou "nin un euro" aos empregados públicos. Contámolo en Praza Pública.
CCOO e UGT están "a un paso" de convocar unha folga xeral a nivel estatal o día 29 de marzo. Así o indican fontes sindicais a Praza Pública. A nova non está aínda confirmada malia que fontes próximas á central que comanda Ignacio Fernández Toxo xa o dan por feito. "Haberá", responderon de maneira telegráfica a preguntas deste diario, que non quixeron dar unha data. De producirse sería na mesma data que a convocatoria da CIG. Estaremos pendentes de calquera novidade.
Os depósitos da banca no Banco Central Europeo (BCE) superan os 481.000 millóns de euros a esta hora antes de que se coñeza o resultado da segunda poxa de liquidez (Long Term Refinancing Operation, LTRO), que se prevé volva colocar máis de medio billón de euros a un tipo de xuro do 1%.
A primeira batea de Galicia instalouse en Tirán (Moaña) en 1932
Lembran o Caso REACE, o escándalo ligado ao contrabando de aceite en Redondela a comezos dos setenta, no que estivo implicado Nicolás Franco Bahamonde, irmán do ditador, e que rematou con tres posibles asasinatos e un xuízo presidido por Mariano Rajoy Sobredo, pai do actual presidente do Goberno.