CCOO e UGT están "a un paso" de convocar unha folga xeral a nivel estatal o día 29 de marzo. Así o indican fontes sindicais a Praza Pública. A nova non está aínda confirmada malia que fontes próximas á central que comanda Ignacio Fernández Toxo xa o dan por feito. "Haberá", responderon de maneira telegráfica a preguntas deste diario, que non quixeron dar unha data. De producirse sería na mesma data que a convocatoria da CIG. Estaremos pendentes de calquera novidade.
