Veña, que non todos os anos é 29 de febreiro! Hoxe celébrase, ademais, o día mundial das enfermidades raras
Fálase
O Goberno de Camboia preguna ao norteamericano por unha estatua presuntamente roubada dunha figura que representa un soldado. Os ladróns deixaron os pés da figura no seu emprazamento orixinal. O monumento foi subhastado por Sotheby´s. A nova completa vén de publicala o New York Times na súa edición dixital
Irlanda someterá a referendo o pacto europeo de disciplina orzamentaria. Cóntao Ara
Novagalicia Banco rexistra o dominio evobank.es. Fontes sindicais confirman que en Madrid se están cambiando os rótulos dalgunhas oficinas (as que permanecerán abertas) co nome de EVO Bank. Os sindicatos aseguran que se enteraron hoxe mesmo. "Están facendo todo sen previo aviso".
O Goberno arxentino intervén TBA, concesionaria de Ferrocarril Sarmiento. Esta decisión prodúcese seis días despois do accidente no que morreron máis de cincuenta persoas. Información do Clarín
A división sindical de UGT en Novagalicia Banco arremete contra o departamento de Recursos Humanos da entidade, ao que acusan de non comunicar que oficinas da rede exterior pechan e cales non. Segundo apuntaron nunha circular "unha empresa de rótulos" está cambiando a imaxe de marca de algunhas oficinas de Madrid substituíndo a actual por Evo Bank. "Suponse que será a nova marca comercial", engade a circular.
CIG e CCOO de PSA Citroën convocan mobilizacións na "hora do bocadillo" contra o convenio de empresa presentado pola dirección da factoría. Aseguran que é "inhumano" e que atenta contra os dereitos dos empregados.
O PP di agora que a incineradora pode estar "no Irixo ou en calquera outro lugar de Galicia". Máis información, esta tarde en Praza Pública.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, do BNG e membro de Máis Galiza, comprométese a rematar o mandato dende dentro do Bloque. "Se unha persoa se presenta por unhas siglas, debe manter esa presenza aí", di.
Tras as protestas do persoal da Xunta, vólvese reforzar a presenza policial nos arredores do Parlamento. Nuns minutos está previsto que comecen a chegar membros de colectivos contrarios á incineradora de residuos no Irixo.