O PP di agora que a incineradora pode estar "no Irixo ou en calquera outro lugar de Galicia". Máis información, esta tarde en Praza Pública.
Fálase
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, do BNG e membro de Máis Galiza, comprométese a rematar o mandato dende dentro do Bloque. "Se unha persoa se presenta por unhas siglas, debe manter esa presenza aí", di.
Tras as protestas do persoal da Xunta, vólvese reforzar a presenza policial nos arredores do Parlamento. Nuns minutos está previsto que comecen a chegar membros de colectivos contrarios á incineradora de residuos no Irixo.
Os responsables de CCOO e UGT en Vigo fixeron un chamamento á cidadanía a participar este mércores nas mobilizacións convocadas por todo o Estado contra a reforma laboral. Foi no mesmo acto no que deixaron caer a posibilidade de sumarse á CIG na folga xeral xa convocada polo sindicato nacionalista para o 29 de marzo. En Portugal tamén haberá folga xeral o 22 do mes que vén.
Os responsables de CCOO e UGT en Vigo fixeron un chamamento á cidadanía a participar este mércores nas mobilizacións convocadas por todo o Estado contra a reforma laboral. Foi no mesmo acto no que deixaron caer a posibilidade de sumarse á CIG na folga xeral xa convocada polo sindicato nacionalista para o 29 de marzo. En Portugal tamén haberá folga xeral o 22 do mes que vén.
José Blanco ve "posible" que haxa unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez no congreso do PSdeG. Preguntado sobre as súas preferencias antes de participar nun acto público en Lugo, especificou que el "non é delegado" na cita congresual.
Pleno do Parlamento: intenso debate a conta da comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, instou en varias ocasións ao seu vicepresidente e voceiro sanitario do PP, Miguel Santalices, polas súas alusións ao voceiro socialista, Modesto Pose.
UGT e CCOO de Vigo avanzan que haberá unha "folga xeral unitaria" en Galicia a finais de marzo. A CIG xa convocou un paro xeral para o 29 do mes que vén. Ambos os dous sindicatos aseguran que retrasaron a decisión de ir á folga para "informar" á sociedade
Unha sondaxe de ABC outórgalle unha maioría absoluta cómoda ao PP en Andalucía (59 escanos), mentres que El Mundo deixa aberto o resultado (54-57), pois a maioría absoluta está fixada en 55. Ambas enquisas amosan un descenso claro do PSOE (de 56 a 42-44) e unha lixeira suba de IU (podería subir até dous escanos). UPyD podería entrar na cámara andaluza cun escano, o mesmo que o Partido Andalucista, e poderían ter a chave da maioría absoluta de Javier Arenas.
PP e UPyD unen os seus votos no pleno munipal de Madrid para manterlle a sanción ao polícía que manifestou o seu apoio ao 15M