Unha sondaxe de ABC outórgalle unha maioría absoluta cómoda ao PP en Andalucía (59 escanos), mentres que El Mundo deixa aberto o resultado (54-57), pois a maioría absoluta está fixada en 55. Ambas enquisas amosan un descenso claro do PSOE (de 56 a 42-44) e unha lixeira suba de IU (podería subir até dous escanos). UPyD podería entrar na cámara andaluza cun escano, o mesmo que o Partido Andalucista, e poderían ter a chave da maioría absoluta de Javier Arenas.
Fálase
PP e UPyD unen os seus votos no pleno munipal de Madrid para manterlle a sanción ao polícía que manifestou o seu apoio ao 15M
A Comisión Nacional de Competencia impón a Iberdrola unha multa de máis de dez millóns de euros "polo traspaso de clientes desde a comercializadora de último recurso até a comercializadora en mercado libre sen solicitar o consentimento expreso do consumidor esixido pola normativa sectorial".
O Sindicato Labrego Galego acusa a Leite Río de "promocionarse" nunha campaña publicitaria sufragada cos cartos dos gandeiros aos que, din, se lles volveu rebaixar o prezo do leite en orixe. O SLG acusa á empresa de Jesús Lence de pagar un céntimo menos en xaneiro respecto de febreiro.
A policía española detén catro presuntos activistas de Anonymous, un deles en Pontevedra. Están acusados de realizar ataques contra páxinas de partidos políticos, institucións e empresas, e de publicar datos persoais de membros da Policía Nacional destinados na Casa Real, dos GEO ou da líder de UPyD, Rosa Díez. O detido en Galicia sería un mozo de 16 anos, presuntamente integrante dun grupo internacional de hacking coñecido como sector 404. Foi posto baixo custodia de seus pais.
As vendas nos centros comerciais españois sufriron un retroceso de case o 3% durante 2011, vén de informar a Asociación Española de Centros Comerciales (Aecc). Fronte á caída de vendas houbo un incremento tanto do espazo total que ocupan os centros comerciais como do emprego. A caída de consumo déixase notar.
O indicador de clima económico en Portugal volveu marcar en xaneiro a cifra máis baixa de toda a serie histórica. "No mês de referência, observaram-se agravamentos dos indicadores de confiança da Construção e Obras Públicas e, em menor grau, da Indústria Transformadora, enquanto os indicadores do Comércio e dos Serviços aumentaram", vén de apuntar o Instituto Estatístico portugués.
Os votos do PP rexeitan as emendas de PSdeG e BNG e aproban a lei de recortes aos empregados públicos. Contra o remate da mañá, toda a información do debate e das protestas en Praza Pública.
Lage (PSdeG) amosa no pleno as promesas para os empregados públicos contidas no programa electoral co que Feijóo gañou as eleccións. "Todo incumprido", resume.
"Vostedes son os reaccionarios", dilles Rodríguez Miranda (PP) a PSdeG e BNG por rexeitar os recortes aos traballadores públicos