O Goberno arxentino intervén TBA, concesionaria de Ferrocarril Sarmiento. Esta decisión prodúcese seis días despois do accidente no que morreron máis de cincuenta persoas. Información do Clarín
Fálase
A división sindical de UGT en Novagalicia Banco arremete contra o departamento de Recursos Humanos da entidade, ao que acusan de non comunicar que oficinas da rede exterior pechan e cales non. Segundo apuntaron nunha circular "unha empresa de rótulos" está cambiando a imaxe de marca de algunhas oficinas de Madrid substituíndo a actual por Evo Bank. "Suponse que será a nova marca comercial", engade a circular.
CIG e CCOO de PSA Citroën convocan mobilizacións na "hora do bocadillo" contra o convenio de empresa presentado pola dirección da factoría. Aseguran que é "inhumano" e que atenta contra os dereitos dos empregados.
O PP di agora que a incineradora pode estar "no Irixo ou en calquera outro lugar de Galicia". Máis información, esta tarde en Praza Pública.
O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, do BNG e membro de Máis Galiza, comprométese a rematar o mandato dende dentro do Bloque. "Se unha persoa se presenta por unhas siglas, debe manter esa presenza aí", di.
Tras as protestas do persoal da Xunta, vólvese reforzar a presenza policial nos arredores do Parlamento. Nuns minutos está previsto que comecen a chegar membros de colectivos contrarios á incineradora de residuos no Irixo.
Os responsables de CCOO e UGT en Vigo fixeron un chamamento á cidadanía a participar este mércores nas mobilizacións convocadas por todo o Estado contra a reforma laboral. Foi no mesmo acto no que deixaron caer a posibilidade de sumarse á CIG na folga xeral xa convocada polo sindicato nacionalista para o 29 de marzo. En Portugal tamén haberá folga xeral o 22 do mes que vén.
Os responsables de CCOO e UGT en Vigo fixeron un chamamento á cidadanía a participar este mércores nas mobilizacións convocadas por todo o Estado contra a reforma laboral. Foi no mesmo acto no que deixaron caer a posibilidade de sumarse á CIG na folga xeral xa convocada polo sindicato nacionalista para o 29 de marzo. En Portugal tamén haberá folga xeral o 22 do mes que vén.
José Blanco ve "posible" que haxa unha candidatura alternativa á de Pachi Vázquez no congreso do PSdeG. Preguntado sobre as súas preferencias antes de participar nun acto público en Lugo, especificou que el "non é delegado" na cita congresual.
Pleno do Parlamento: intenso debate a conta da comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, instou en varias ocasións ao seu vicepresidente e voceiro sanitario do PP, Miguel Santalices, polas súas alusións ao voceiro socialista, Modesto Pose.