A deputada do PP Ángeles Díaz Pardo asegura no Parlamento que "o desgoberno socialista" promoveu "a pílula postcoital e o aborto como métodos anticonceptivos".
Fálase
Feijóo asegura no Parlamento que non lles baixou "nin un euro" aos empregados públicos. Contámolo en Praza Pública.
CCOO e UGT están "a un paso" de convocar unha folga xeral a nivel estatal o día 29 de marzo. Así o indican fontes sindicais a Praza Pública. A nova non está aínda confirmada malia que fontes próximas á central que comanda Ignacio Fernández Toxo xa o dan por feito. "Haberá", responderon de maneira telegráfica a preguntas deste diario, que non quixeron dar unha data. De producirse sería na mesma data que a convocatoria da CIG. Estaremos pendentes de calquera novidade.
Os depósitos da banca no Banco Central Europeo (BCE) superan os 481.000 millóns de euros a esta hora antes de que se coñeza o resultado da segunda poxa de liquidez (Long Term Refinancing Operation, LTRO), que se prevé volva colocar máis de medio billón de euros a un tipo de xuro do 1%.
A primeira batea de Galicia instalouse en Tirán (Moaña) en 1932
Lembran o Caso REACE, o escándalo ligado ao contrabando de aceite en Redondela a comezos dos setenta, no que estivo implicado Nicolás Franco Bahamonde, irmán do ditador, e que rematou con tres posibles asasinatos e un xuízo presidido por Mariano Rajoy Sobredo, pai do actual presidente do Goberno.
Mitt Romney gaña en Arizona e Michigan e afiánzase na carreira por ser o candidato republicano. Nunha semana será o supermartes, que pode ser definitivo
Veña, que non todos os anos é 29 de febreiro! Hoxe celébrase, ademais, o día mundial das enfermidades raras
O Goberno de Camboia preguna ao norteamericano por unha estatua presuntamente roubada dunha figura que representa un soldado. Os ladróns deixaron os pés da figura no seu emprazamento orixinal. O monumento foi subhastado por Sotheby´s. A nova completa vén de publicala o New York Times na súa edición dixital
Irlanda someterá a referendo o pacto europeo de disciplina orzamentaria. Cóntao Ara