Feijóo asegura no Parlamento que non lles baixou "nin un euro" aos empregados públicos. Contámolo en Praza Pública.
Fálase
CCOO e UGT están "a un paso" de convocar unha folga xeral a nivel estatal o día 29 de marzo. Así o indican fontes sindicais a Praza Pública. A nova non está aínda confirmada malia que fontes próximas á central que comanda Ignacio Fernández Toxo xa o dan por feito. "Haberá", responderon de maneira telegráfica a preguntas deste diario, que non quixeron dar unha data. De producirse sería na mesma data que a convocatoria da CIG. Estaremos pendentes de calquera novidade.
Os depósitos da banca no Banco Central Europeo (BCE) superan os 481.000 millóns de euros a esta hora antes de que se coñeza o resultado da segunda poxa de liquidez (Long Term Refinancing Operation, LTRO), que se prevé volva colocar máis de medio billón de euros a un tipo de xuro do 1%.
A primeira batea de Galicia instalouse en Tirán (Moaña) en 1932
Lembran o Caso REACE, o escándalo ligado ao contrabando de aceite en Redondela a comezos dos setenta, no que estivo implicado Nicolás Franco Bahamonde, irmán do ditador, e que rematou con tres posibles asasinatos e un xuízo presidido por Mariano Rajoy Sobredo, pai do actual presidente do Goberno.
Mitt Romney gaña en Arizona e Michigan e afiánzase na carreira por ser o candidato republicano. Nunha semana será o supermartes, que pode ser definitivo
Veña, que non todos os anos é 29 de febreiro! Hoxe celébrase, ademais, o día mundial das enfermidades raras
O Goberno de Camboia preguna ao norteamericano por unha estatua presuntamente roubada dunha figura que representa un soldado. Os ladróns deixaron os pés da figura no seu emprazamento orixinal. O monumento foi subhastado por Sotheby´s. A nova completa vén de publicala o New York Times na súa edición dixital
Irlanda someterá a referendo o pacto europeo de disciplina orzamentaria. Cóntao Ara
Novagalicia Banco rexistra o dominio evobank.es. Fontes sindicais confirman que en Madrid se están cambiando os rótulos dalgunhas oficinas (as que permanecerán abertas) co nome de EVO Bank. Os sindicatos aseguran que se enteraron hoxe mesmo. "Están facendo todo sen previo aviso".