Este mes que remata hoxe foi o febreiro máis seco no sur de Galicia dende que hai rexistros. Só choveu un día e en todo o inverno a diminución das precipitacións é do 70%. Explícao Carlos Balseiro.

Este mes que remata hoxe foi o febreiro máis seco no sur de Galicia dende que hai rexistros. Só choveu un día e en todo o inverno a diminución das precipitacións é do 70%. Explícao Carlos Balseiro.
Mobilizacións para esta tarde en Galicia convocadas por CCOO e UGT no marco da xornada de protestas a nivel europeo contra as políticas de recorte e austeridade.
Rajoy matiza as palabras do seu portavoz no Congreso, quen aventurou un recorte sen precedentes para pechar 2012 cun 4,4% de déficit. Volve botar man dos modismos. "Sin prisa pero sin pausa"
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta veñen de convocar para este xoves, 1 de marzo, concentracións de rexeitamento á Lei de Emprego Público xa aprobada no Parlamento. As concentracións serán ás 11:30 diante dos dous edificios administrativos da Xunta: San Caetano (diante da cafetería) e San Lázaro (diante do edificio de Medio Ambiente). Terán unha duración de 15 minutos.
A CIG continúa coa súa campaña informativa de cara á folga xeral xa convocada pola central nacionalista para o 29 de marzo. Este xoves teñen programadas mobilizacións en seis cidades galegas.
Xa non hai espazo para rumores. General Motors (GM) e PSA Peugeot Citroën anuncian a súa alianza estratéxica a nivel mundial. Os norteamericanos adquirirán o 7% do capital social da firma francesa, que ten unha factoría en Vigo. Le Monde amplía a información
A UDC concederá o Honoris Causa a Manuel Rivas e a John Rutherford o 23 de marzo.
Imaxe da manifestación multitudinaria dos estudantes en Valencia, este mediodía, contra os recortes nos servizos públicos. Foto, de @rdlfg
O tenente de alcalde de Lugo, o nacionalista Antón Bao, asegura que o goberno lugués "non cumprirá nin unha soa coma da reforma laboral no que ao municipio respecta" por "fomentar o despedimento libre e un modelo económico fracasado"
Aumentan as vendas de periódicos xeneralistas en Portugal un 1,12%. Son datos da Associação Portuguesa para o Controlo de Tiragem e Circulação recollidos polo diario especializado Jornal de Negócios.