Adif anuncia o remate do segundo túnel máis longo do AVE galego, que debía estar finalizado hai dous anos. A vía dereita do túnel do Espiño, duns 8 quilómetros entre A Gudiña e Vilariño de Conso, foi adxudicada no verán de 2012 con tres anos de prazo de execución. A demora é o dobre do suposto ano de “parálise” das obras polo Goberno en funcións.
