Yolanda Díaz "dubida" que Compromiso por Galicia comparta o programa electoral no que traballan Anova e Esquerda Unida. Nunha entrevista en Radio Coruña, a coordinadora xeral de EU aclara que CxG será "benvido" á fronte ampla "se entende que o ideario que defendemos é o correcto".
Fálase
O DOG publica o inicio do expediente de fusión dos concellos de Oza e Cesuras. Estará trinta días a exposición pública.
#consellodaxunta Feijóo, dende a sede do Goberno galego, acusa a Pachi Vázquez de estar "entusiasmado" coa posibilidade de que "desfagan" os acordos coa petroleira Pemex "en lugar de facer novos acordos". "Quedarán retratados", asegura.
#consellodaxunta Feijóo asegura que a alerta dos sindicatos educativos sobre a redución de 800 docentes no inicio do curso na educación pública "non é verdade"
#consellodaxunta Feijóo mantén que a Axencia Tributaria de Galicia, prometida ao longo da lexislatura, estará en marcha o 1 de xaneiro de 2013
#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta lles paga aos seus provedores nunha media de 50 días, despois de que nos últimos días os socialistas puxesen en dúbida estes datos
Compromiso por Galicia muda a data das súas eleccións primarias. Inicialmente previstas para o vindeiro domingo, fíxanse agora para unha semana despois, o día 15, para así "non condicionar posibles pactos", segundo fontes da organización.
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca unha manifestación para o sábado, día 8 de setembro. Partirá ás 11.30 da Alameda de Santiago.
España non cumprirá co déficit. Ignacio Escolar explica no seu blog que o Estado podería pechar 2012 co 8,9%, fronte á previsión do 6,3%.
A Federación Galega de Parques Empresariais lanza unha campaña para lembrar o valor internacional da lingua galega baixo o lema O galego, chave para os teus negocios no mundo