#consellodaxunta Feijóo asegura que a Xunta lles paga aos seus provedores nunha media de 50 días, despois de que nos últimos días os socialistas puxesen en dúbida estes datos
Fálase
Compromiso por Galicia muda a data das súas eleccións primarias. Inicialmente previstas para o vindeiro domingo, fíxanse agora para unha semana despois, o día 15, para así "non condicionar posibles pactos", segundo fontes da organización.
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca unha manifestación para o sábado, día 8 de setembro. Partirá ás 11.30 da Alameda de Santiago.
España non cumprirá co déficit. Ignacio Escolar explica no seu blog que o Estado podería pechar 2012 co 8,9%, fronte á previsión do 6,3%.
A Federación Galega de Parques Empresariais lanza unha campaña para lembrar o valor internacional da lingua galega baixo o lema O galego, chave para os teus negocios no mundo
O Goberno central leva recadados pouco máis de 50 millóns de euros a través da amnistía fiscal. O Ministerio de Facenda prevía ingresar ata 2.500. En La Información.
Milleiros de persoas manifestáronse onte á noite en Marín para pedir o regreso da frota a Mauritania. O vídeo está editado pola CIG.
Luis Tosar, Tonhito de Poi e outros artistas renderán homenaxe o 15 de setembro ao Padre Silva, fundador do Circo dos Muchachos
O Goberno estuda novos recortes en Sanidade. Ana Mato vai convocar grupos de expertos para revisar a carteira de servizos básica e impoñer o dobre pagamento en prestacións até agora gratuitas, coma rehabilitación, mamografías, diagnóstico prenatal ou tratamentos de fertilidade
Os mercados vivirán hoxe un dia clave. Merkel está en Madrid, reúnese o BCE e hai subasta de débeda española. Espérase que Mario Draghi anuncie un plan para comprar deuda española e italiana que dea un respiro ás primas de risco e que se coñezan os detalles dun posible rescate brando a España