O Goberno estuda novos recortes en Sanidade. Ana Mato vai convocar grupos de expertos para revisar a carteira de servizos básica e impoñer o dobre pagamento en prestacións até agora gratuitas, coma rehabilitación, mamografías, diagnóstico prenatal ou tratamentos de fertilidade
Fálase
Os mercados vivirán hoxe un dia clave. Merkel está en Madrid, reúnese o BCE e hai subasta de débeda española. Espérase que Mario Draghi anuncie un plan para comprar deuda española e italiana que dea un respiro ás primas de risco e que se coñezan os detalles dun posible rescate brando a España
As fendas internas no PP fanse máis profundas, salienta eldiario.es O xornal, que nacerá o vindeiro 18 de setembro, salienta as críticas a Rajoy da AVT, a carta publicada por Pedro J. Ramírez ou a asinada por Alejo Vidal Quadras e José Antonio Ortega Lara ou os movementos de apoio a Sociedad Civil y Democracia, o partido de Mario Conde que o 15 de setembro celebrará o seu congreso en Compostela
A Xunta anuncia a reapertura da A-52 ao tráfico na Gudiña, onde estivera pechada a causa dun incendio
O Goberno revela que mantivo unha xuntanza en Bruxelas para tratar de pechar o 'tax lease'. A reunión teríase celebrado o pasado mércores.
Un incendio na Gudiña afecta xa a máis de 20 hectáreas e obriga a cortar o tráfico na A-52 á altura do quilómetro 132, segundo informa a Xunta.
O BCE comprará débeda española a cambio da petición formal de rescate, segundo adianta Bloomberg. O plan que anunciará Draghi este xoves obrigaría a España a facer novos axustes.
Alberto Contador sitúase como líder da Vuelta a España, ao sorprender a Joaquim Rodríguez nunha etapa de media montaña con final en Fuente Dé. Contador atacou a 50 quilómetros de meta e Purito Rodríguez quedou afundido, perdendo mesmo o segundo posto da clasificación ante Valverde.
O alcalde de Xinzo ordeou esta mañá o desaloxo do pleno municipal, para acalar as protestas sindicais ante a proposta de redución salarial para os traballadores do Concello e a supresión de parte do convenio colectivo.
Feijóo apela á "tranquilidade" ao ser preguntado pola contratación de buques de Pemex en Galicia. O comité de empresa de Navantia asegura que os dous quimiqueiros prometidos pola Xunta xa foron encargados a Corea.