A Xunta anuncia a reapertura da A-52 ao tráfico na Gudiña, onde estivera pechada a causa dun incendio
Fálase
O Goberno revela que mantivo unha xuntanza en Bruxelas para tratar de pechar o 'tax lease'. A reunión teríase celebrado o pasado mércores.
Un incendio na Gudiña afecta xa a máis de 20 hectáreas e obriga a cortar o tráfico na A-52 á altura do quilómetro 132, segundo informa a Xunta.
O BCE comprará débeda española a cambio da petición formal de rescate, segundo adianta Bloomberg. O plan que anunciará Draghi este xoves obrigaría a España a facer novos axustes.
Alberto Contador sitúase como líder da Vuelta a España, ao sorprender a Joaquim Rodríguez nunha etapa de media montaña con final en Fuente Dé. Contador atacou a 50 quilómetros de meta e Purito Rodríguez quedou afundido, perdendo mesmo o segundo posto da clasificación ante Valverde.
O alcalde de Xinzo ordeou esta mañá o desaloxo do pleno municipal, para acalar as protestas sindicais ante a proposta de redución salarial para os traballadores do Concello e a supresión de parte do convenio colectivo.
Feijóo apela á "tranquilidade" ao ser preguntado pola contratación de buques de Pemex en Galicia. O comité de empresa de Navantia asegura que os dous quimiqueiros prometidos pola Xunta xa foron encargados a Corea.
A CIG-Ensino convoca o profesorado interino e substituto a unha concentración o vindeiro luns 10 de setembro ás 11:30 horas en San Caetano contra a destrución de emprego. Denuncia que Educación reduciu nun 55% o número de docentes que van ter contrato para o curso 2012-2013 ao facer 999 adxudicacións menos
O PP confirma a viaxe electoral de Feijóo a Sudamérica. Como adiantou Praza, producirase a fin de semana do 15 e 16 de setembro. Non durará "máis de 48 horas", garante o voceiro conservador, Antonio Rodríguez Miranda.
A Xunta dá por feito que a Eurocámara "botará abaixo" o acordo con Mauritania. A conselleira Quintana esixe á UE un novo protocolo que evite o veto aos mariñeiros galegos.