Feijóo apela á "tranquilidade" ao ser preguntado pola contratación de buques de Pemex en Galicia. O comité de empresa de Navantia asegura que os dous quimiqueiros prometidos pola Xunta xa foron encargados a Corea.
Fálase
A CIG-Ensino convoca o profesorado interino e substituto a unha concentración o vindeiro luns 10 de setembro ás 11:30 horas en San Caetano contra a destrución de emprego. Denuncia que Educación reduciu nun 55% o número de docentes que van ter contrato para o curso 2012-2013 ao facer 999 adxudicacións menos
O PP confirma a viaxe electoral de Feijóo a Sudamérica. Como adiantou Praza, producirase a fin de semana do 15 e 16 de setembro. Non durará "máis de 48 horas", garante o voceiro conservador, Antonio Rodríguez Miranda.
A Xunta dá por feito que a Eurocámara "botará abaixo" o acordo con Mauritania. A conselleira Quintana esixe á UE un novo protocolo que evite o veto aos mariñeiros galegos.
Celébrase na Estrada o acto de adhesión do Partido Galeguista a Compromiso por Galicia, logo do acordo alcanzado o pasado mes de agosto.
EQUO Galicia únese á fronte ampla. Máis do 70% dos afiliados e simpatizantes que participaron na votación acordaron acudir en coalición aos comicios autonómicos.
O Valedor do Pobo admite a trámite una queixa de Galicia, Mellor Sen Touradas sobre a emisión dunha corrida de touros en TVE en horario infantil. Esta tarde as touradas volverán á televisión pública despois de seis anos. O Consello Asesor de RTVE en Catalunya xa pediu que se desconecte o sinal durante o espectáculo.
Cuac FM convoca unha asemblea aberta a toda a cidadanía para informar do estado en que se atopan os trámites para acadar unha licencia de emisión e tamén para asignar a persoas e colectivos os horarios da grella deste curso. Será ás oito da tarde no CUR (Centro Universitario de Riazor)
Anova, Equo, NÓS-UP e Partido da Terra emiten un comunicado conxunto en contra da intención do Goberno central de eliminar a personalidade xurídica da parroquia, segundo o anteproxecto de lei da Administración local.
O Goberno central eliminou 170.000 empregos públicos no que vai de ano. Así o denuncia o CSIF, que denuncia a perda do 7,7% do emprego na Administración Pública.