A Xunta dá por feito que a Eurocámara "botará abaixo" o acordo con Mauritania. A conselleira Quintana esixe á UE un novo protocolo que evite o veto aos mariñeiros galegos.
Fálase
Celébrase na Estrada o acto de adhesión do Partido Galeguista a Compromiso por Galicia, logo do acordo alcanzado o pasado mes de agosto.
EQUO Galicia únese á fronte ampla. Máis do 70% dos afiliados e simpatizantes que participaron na votación acordaron acudir en coalición aos comicios autonómicos.
O Valedor do Pobo admite a trámite una queixa de Galicia, Mellor Sen Touradas sobre a emisión dunha corrida de touros en TVE en horario infantil. Esta tarde as touradas volverán á televisión pública despois de seis anos. O Consello Asesor de RTVE en Catalunya xa pediu que se desconecte o sinal durante o espectáculo.
Cuac FM convoca unha asemblea aberta a toda a cidadanía para informar do estado en que se atopan os trámites para acadar unha licencia de emisión e tamén para asignar a persoas e colectivos os horarios da grella deste curso. Será ás oito da tarde no CUR (Centro Universitario de Riazor)
Anova, Equo, NÓS-UP e Partido da Terra emiten un comunicado conxunto en contra da intención do Goberno central de eliminar a personalidade xurídica da parroquia, segundo o anteproxecto de lei da Administración local.
O Goberno central eliminou 170.000 empregos públicos no que vai de ano. Así o denuncia o CSIF, que denuncia a perda do 7,7% do emprego na Administración Pública.
David Bravo pregúntase en eldiario.es se é nova a nova SGAE. O avogado publica unha carta aberta do grupo Pony Bravo dirixida a Antón Reixa na que os sevillanos, que empregan licencias Creative Commons, pídenlle que a SGAE deixe de cobrar certas cantidades pola actividade do grupo.
O Consello Nacional de Esquerda Unida aproba (con 38 votos sobre 40) a fronte ampla con Anova e outras formacións, coas que xa están negociando un programa "de esquerda real"
As eólicas esíxenlle á Xunta unha compensación mínima de nove millóns de euros pola anulación do concurso eólico, declarada ilegal polo TSXG en dúas ocasións.