As eólicas esíxenlle á Xunta unha compensación mínima de nove millóns de euros pola anulación do concurso eólico, declarada ilegal polo TSXG en dúas ocasións.
Fálase
O Parti Québécois gaña con claridade as eleccións en Quebec e obtén 56 dos 125 escanos do Parlamento. Os liberais -federalistas- quedan con 47 (perden 17). Os tamén nacionalistas Coalition Avenir e Quebec Solidaire obtivero 20 e 2 escanos, respectivamente. No discurso da gañadora, Pauline Marois, un home comezou a disparar contra a futura presidenta e matou unha persoa.
O Consello Asesor de RTVE de Cataluña pide a desconexión do sinal de TVE durante a emisión de corridas de touros
O PP nega que os quimiqueiros de Pemex estean adxudicados a unha empresa coreana e atribúelle a "mentira" á CIG, á que denomina "brazo sindical do BNG"
O aeroporto de Castellón, no que aínda non operou avión ningún, gastou 35 millóns de euros en publicidade durante 2011. Revélao unha auditoría das súas contas e cóntao Vilaweb.
Un bo número de tuiteiros e tuiteiras segue a pular pola tradución desta rede social ao galego, desta volta co hashtag #TraduceTwitterAoGalego
Eldiario.es anuncia que nacerá o 18 de setembro e presenta nova cabceira e logo. Promete ir contando cada día máis novidades sobre o proxecto, que afirma que defenderá "os dereitos humanos, a igualdade e unha democracia mellor, máis transparente e aberta", poñendo o foco "máis nas persoas ca nos partidos ou os mercados".
O comité de Navantia di que os quimiqueiros de Pemex xa foron encargados en Corea. Os representantes sindicais aseguran ter constancia de que os buques prometidos pola Xunta non se fabricarán en Galicia.
Feijóo acusa os partidos galegos diferentes do PP de querer "repartirse os cartos" da Xunta. Faino nunha entrevista coa Axencia EFE que recolle El País.
Juan Antonio Saavedra acada a quinta medalla para Galicia nos Xogos Paralímpicos. Conseguiu a prata en tiro e quedou a só dúas décimas do ouro.